Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - SAN MATEO, 2.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - SAN MATEO, 2.

DESCONTENTO XERAL

Partido correspondente a 22ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra, disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Prados Vellos, 9 de marzo de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Carlos, Álvaro (Costa 63´), Antón, Bule, Rubén (Chapu 59´), Teti (C), Manu (Martín 77´), Julio, Javi, Jesús (Rula 72´) e Fernando.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

SAN MATEO: David, Julián, Jorgito, Jorge, Yelki (Miguel 69´), Bruno (C), Brunito, Israel, Javi (Pablo 88´), Rubén e Nene (Pacheco 77´).

Adestrador: Juan Miguel López Mourente.

2º adestrador: José Gómez Piñeiro.

Delegado: Juan Carlos Niebla Piñeiro.

ARBITRO: D. Francisco López Gomez. Amoestou a Bule, Antón, Rubén, Manu, Javi e Rula polo Numancia; polo San Mateo tamén virón a cartolina amarela Julián, Bruno, Javi, Brunito e Pacheco.

GOLES

0 - 1 (BRUNITO) Balón as costas da defensa numantina que aproveita Brunito para anotar diante de Carlos, (minuto 11).

0 - 2 (BRUNITO) Novo balón que pasa entre os defensas do Numancia. Brunito moi atento aproveita as dúbidas de Carlos na sua saída para facer o segundo, (minuto 21).

1 - 2 (JULIO) Penalti anotado por Julio de "Panenka", (minuto 32).

2 - 2 (JAVI RUBIO) Centro de Fernando dende a dereira que remata de cabeza Javi Rubio, (minuto 50).

 



CRÓNICA:

Numancia e San Mateo ofrecían un entretido partido os numerosos espectadores que se achegaron a Prados Vellos. Ambos equipos situados na zona alta da clasificación buscaban unha vitoria para alcanzar o pódium. Finalmente o resultado de empate non deixou contento a ningún dos dous conxuntos.

Nos prolegómenos do encontro, foi entregado o Trofeo Murillo Viteri a Teti como xogador máis regular do mes de febreiro, fixo entrega do premio, Alejandro Pérez, representante de Adega Murillo Viteri para a zona de ferrolterra.

Na primeira metade o Numancia saiu durmido, o que aproveitou o San Mateo para dominar a primeira hora de xogo sen moita oposición por parte dos de Ares e conseguir situarse cun 0 - 2 no marcador. Nos últimos 15 minutos da primeira metade chegaba a reacción do Numancia cun gol de penalti de Julio e con algúnhas ocasións. Co resultado de 1 - 2 chegabamos ó descanso.

Na reanudación comezaba mellor o Numancia chegando no minuto 50 o 2 - 2 de Javi Rubio despois dunha asistencia de Fernando. O último tramo de partido estivo marcado polas excesivas interrupción debido a faltas e protestas e por as ocasións de gol para ambos equipos. Carlos e Nené tiveron a vitoria para o San Mateo pero o porteiro numantino Carlos estivo acertado. Por parte do Numancia, Julio e Chapu atopáronse nos seus disparos co gardarredes visitante David. Cos porteiros como protagonistas e co descontento xeral polo empate por parte de ambos equipos terminaba o partido.

En definitiva, partido trepidante entre o Numancia e o San Mateo, sen moito fútbol pero con emoción e tensión.

O MELLOR: A boa reacción do equipo ante un resultado adverso.

O PEOR: A páxara de primeira media hora de partido que foi castigada con dous goles encontra. O gran número de cartóns amarelos (algúns evitables) que deixa ó equipo con baixas por sanción para o seguinte partido.

O vindeiro sábado as 17:00 no campo de herba artificial de A Pedreira chega un dos partidos da temporada, Galicia de Mugardos "B" - Numancia. Despois do empate da primeira volta, mugardeses e aresáns volven a medir as suas forzas para desfacer a igualada (en pretemporada tamén houbo empate). O Galicia intentará situarse a dous puntos do Numancia e meterse na zona alta. O Numancia buscará a vitoria para seguir nesa zona alta e tamén para abrir brecha co eterno rival. ¿Alguén da mais?

Vémonos o próximo sábado as 17:00 no campo de herba artificial de A Pedreira. A MAREA VERMELLA invadirá Mugardos.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.