AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - AS PONTES "B", 0.
CONFIRMACIÓN DO BO MOMENTO
Partido correspondiente a 20ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares, 23 de febreiro de 2014
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Carlos (Putxi), Álvaro (Martín), Bule, Antón, Teti (C), Julio (Amenedo), Paulo, Fernando, Jesús (Rula), Manu e Javi Rubio (Alex Pita).
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
AS PONTES: Iván, Nando, Rubén (Moi), Darío (Iván Carballeira), Carlos, Héctor, Vila, Samu (Sandro), Javi, Troncho e Marcos (C).
Adestrador: Iván Rodriguez García.
Delegado: Francisco López Rivera.
COLEGIADO: D. Eduardo Pereira Dobarro. Non houbo amoestados.
GOLES:
1 - 0 (FERNANDO) Córner sacado por Julio que remata Fernando de semi - volea. (minuto 18).
2 - 0 (JESÚS) Saque en longo de Carlos que é peinado hacia atrás por un defensor visitante. Jesús moi atento aproveita o envío e marca cunha fermosa vaselina (minuto 44).
3 - 0 (JESÚS) Centro medido dende dentro da área de Fernando que remata Jesús de cabeza con sutileza (minuto 65).
CRÓNICA:
Nuha tarde primaveral de febreiro moitos afeccionados acudiron a Prados Vellos para presenciar un duelo directo na loita polas primeras posicións da 2ª Autonómica. Numancia e As Pontes "B" non defraudaron ó respetable e ofreceron un duelo intenso, disputado e bonito.
Na primeira metade comezou mellor ó Numancia. Nos primeiros 15 minutos o equipo numantino tivo varias aproximacións sobre a portería de Iván. No minuto 18 Fernando atoparía o premio o mellor comezo dos de Ares anotando o 1 - 0 tras o saque dun córner. Despois do gol local, o partido entrou nunha fase de centrocampismo e moita disputa de balón no centro do campo. Nos últimos minutos da primeira metade o encontro volveu a abrirse. O visitante Samu facía unha fermosa xogada que remataba cun bo disparo e unha mellor intervención de Carlos. Acto seguido os ponteses tiñan outra clara ocasión que non aproveitaban. Os vermellos do Numancia non querían ser menos e Fernando tiña unha clara ocasión que se marchaba a córner. Nese saque de esquina os numantinos xa cantaban o gol, pero un defensor visitante sacaba o balón na línea de meta. Antes de chegar ó descanso Jesús aproveitaba un saque de Carlos para anotar o 2 - 0 cunha fermosa vaselina. Con vitoria relativamente cómoda do Numancia chegábase ó descanso.
Na segunda metade comezou forte o As Pontes. Nos primeiros 15 minutos da mesma sucedéronse as chegadas dos visitantes sobre a portería de Carlos. Por sorte para o Numancia a mala definición dos visitantes e o acerto da defensa local impediron que o equipo da vila mineira acurtara distancias. Logo desde pequeno acoso visitante o Numancia foi gañando metros tendo Alex Pita e Fernando dúas ocasións claras. Sería precisamente Fernando o que no minuto 65 asistía a Jesús para que éste último anotara o 3 - 0. Nos últimos 20 minutos de partido baixou a intensidade de ambos equipos; chegándose o final do encontro cunha vitoria clara do Numancia por 3 - 0.
En definitiva, foi un gran partido de 2ª Autonómica onde o Numancia confirmou que está nun dos mellores momentos da temporada; xustamente cando se están a disputar as finais ante rivais directos. Destacar tamén o bo papel do As Pontes "B" neste partido e a boa arbitraxe de Eduardo Pereira que pasou totalmete desapercibido nun encontro onde ambos equipos amosaron unha deportividade exquisita pese ó moito que había en xogo.
O término do partido falábamos co adestrador do Numancia, Marcos Amor que nos comentaba o seguinte sobre este importante partido:
A CLAVE: Para Marcos a clave do partido foi o gran traballo defensivo e o acerto na definición cara a gol en determinados momentos do encontro.
O MELLOR: Agradecía o míster a gran entrega e traballo dos xogadores neste partido. Considerou tamén moi importante volver a manter a portería a cero por terceira semana consecutiva.
O PEOR: A relaxación do equipo despois de conseguir o terceiro gol; abusando en demasía das individualidades.
Por último Marcos Amor valoraba esta vitoria como moi importante ante un rival directo que nunca deixou de apretar e que loitou tamén ata o último minuto. Agradeceu o noso adestrador o gran apoio da Marea Vermella salientando que xa son tres as vitorias consecutivas en Prados Vellos. Entre todos estamos a facer do noso campo un fortín. ¡¡¡Gracias a tod@s de parte de todo ó equipo¡¡¡
Despois desta vitoria, o Numancia contínua de 4º clasificado con 35 puntos. O 3ª clasificado e O Capela con 36 puntos. Xogaría a fase de ascenso o Rápido de Neda que e 2º con 41 puntos. Sería campeón de Liga e ascendería o Cedeira, 1º clasificado con 44 puntos. Así esta a situación por arriba desta 2ª Autonómica na que queda aínda moita tela que cortar.
O vindeiro SÁBADO as 16:00 no Municipal de Neda agárdanos unha final. Rapido de Neda - Numancia. O noso equipo necesita a vitoria para acurtar distancias co 2º clasificado. Temos que ir tod@s a Neda a buscar a licencia para soñar.
¡¡¡O PRÓXIMO SÁBADO AS 16:00 ESTADES TOD@S CITADOS EN NEDA¡¡¡ A Marea Vermella non pode faltar no municipal nedense. Hai que apoiar o equipo neste trascendental partido.
¡¡¡TOD@S A NEDA O PRÓXIMO SÁBADO¡¡¡
O Numancia somos tod@s.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡