Inicio Noticias Afeccionados Afeccionados: Ortigueira, 0 - Numancia, 2
 
 

Afeccionados: Ortigueira, 0 - Numancia, 2

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Ortigueira, 0 - Numancia, 2. 2ª Autonómica. San Claudio. OrtigueiraSeguimos remando.

Partido correspondente a 19ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado no campo de San Claudio ante numerosos aficionados de ambos equipos.

  

 


San Claudio, Ortigueira, 16 de febreiro de 2014.

Aliñacións:


Ortigueira: Soto, Javi, Nini (Rodrigo), Camilo (C), Adrián (Diego), Armada, Aitor, Junior (Bruno), Josiño, Polo, Pita (Pablo Breijo).

Delegado: Rubén Pardo López.

Numancia: Carlos, Álvaro, Antón, Bule, Teti (C), Julio (Chapu), Manu, Paulo, Marcelo (Rula), Jesús (Martín) e Alex Pita (Amenedo).

Entrenador: Marcos Amor Roel

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Miguel Ángel Piñón López amosou cartóns amarelos a Camilo polo Ortigueira e a Antón polo Numancia.

Goles: Bule e Manu.


0 - 1 (DANI BULE) Libre indirecto na área do Ortigueira. Jesús cede o balón a Dani Bule que supera ó porteiro local cun forte disparo. (minuto 24)

0 - 2 (MANU) Falta lateral que envía Manu a escuadra dereita da portería local. Un auténtico golazo. (minuto 44)

 

 

CRÓNICA:

Tarde anubrada e fría en San Claudio aínda que sen choiva. Precisamente a choiva das últimas semanas foi a que propiciou que este partido entre dous rivais directos non se poidera xogar no escenario habitual do equipo local; o campo de Morouzos, tendo que xogarse en San Claudio; onde un gran número de espectadores de ambos equipos acudiron para ver un partido que non decepcionou.

Na primeira metade, vimos uns 10 primeiros minutos de tanteo entre os dous conxuntos. Co paso dos minutos o Numancia foi conseguindo o control do partido e tamén as ocasións de perigo. Manu e Julio avisaban en dous disparos ante a meta local. No minuto 24 o colexiado sinalaba libre indirecto por unha cesión sobre o porteiro local Roberto Soto. Ese libre indirecto era aproveitado por Bule para conseguir o 0 - 1. Tivo mais ocasións o Numancia nesta primera metade de dominio aresán. Pero no foi ata o minuto 44 cando un lanzamento maxistal de falta obra de Manu establecía o 0 - 2 co que ambos equipos se retiraban ó descanso. Tranquilidade e ledicia na parroquia numantina; aínda sabendo que tocaría sufrir na segunda metade debido as ocasións erradas na primeira.

No segundo tempo, os locais deron entrada o seu goleador Diego Cañoles, o veloz extremo Rodri e o poderoso Pablo Breijo. Conseguiron os de Ortegal dominar e levar certo perigo sobre a portería de Carlos; aínda que os numantinos nunha gran demostración de intensidade, concentración e sacrificio defendíanse ben ante as embestidas dos locais. Incluso Julio e Chapu tiveron ocasións para pechar o partido en sendos contraataques pero non houbo fortuna. Nos últimos 10 minutos o equipo de Ortigueira embotellou de algunha forma o Numancia con balóns aéreos e xogadas a balón parado. Houbo un pouco de sufrimento na parroquia numantina; aínda que por sorte os xogadores desprazados a Ortigueira estiveron hoxe sublimes en tarefas defensivas; despexando os balóns con tal contundencia que algúns remataban no río anexo ó campo. Cunha merecida vitoria por 0 - 2 remataba o partido.

En resumo, gran partido entre dous equipos que están a loitar por alcanzar as primeiras posicións da 2ª Autonómica. O equipo local non foi capaz de superar a intensidade, concentración, sacrificio e bo facer do Numancia no día de hoxe; no que sin dúbida foi un dos mellores partidos, senón o mellor do noso equipo nesta temporada.

En definitiva moitas sensacións e noticias positivas para o Numancia despois deste partido. Ademais da gran imaxe do equipo, destacar tamén a aportación do xogador xuvenil de primeiro ano Marcelo que tivo unha gran actuación nos 82 minutos que disputou neste esixente partido. A mellor noticia é que o Numancia ascendeu nesta xornada ata a 4º posición e lidera o grupo perseguidor dos equipos situados no pódium desta 2ª Autonómica tan igualada; Cedeira, Rápido de Neda e A Capela.

Na vindeira xornada o Numancia recibirá en Prados Vellos o CD As Pontes "B"; viaxando na seguinte a Neda. Duas novas finais ante rivais directos. Como sabemos, a marxe de erro para o Numancia e moi pequeno se quere seguir soñando con alcanzar unha das duas primeiras posicións. Está claro que si vemos un Numancia como o deste partido en Ortigueira todo pode ser posible. ¡¡¡Toca seguir remando¡¡¡ Agardemos ver a este Numancia o próximo domingo a partir das 16:30 en Prados Vellos ante o CD As Pontes "B". Falta fará esta gran versión do Numancia ante un rival da zona alta; como tamén será indispensable o apoio da infalible MAREA VERMELLA que hoxe non dubidou en desprazarse ata Ortigueira para axudar ó equipo.

Vémonos o domingo as 16:30 en Prados Vellos¡¡¡ Prohibido faltar¡¡¡

¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.