AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - BERTON, 0.

UNHA VITORIA BALSÁMICA

Partido correspondiente a 18ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante un bo número de espectadores.

 


 



Ares, 9 de febrero de 2014

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Cristian, Álvaro (Amenedo), Bule, Antón, Teti (C), Julio (Martín), Rula (Jesús), Fernando, Alex Pita (Ángel), Manu e Javi Rubio.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

BERTÓN: Edgar, Pablo, Esteban, Servando, Iago, Iván, Óscar (C), Jose (Óscar), Leandro (Iván Santiago), Iñaki e Pepe.

Delegado: Marcos Saavedra Sueirás.

COLEXIADO: D. Alejandro Miño Pico. Amoestou a Cristian, Julio, Alex Pita e Ángel no Numancia. Óscar, Iván e Servando foron amonestados no Bertón. Foi expulsado Fernando por dobre amonestación nas filas do Numancia.

GOLES:

1 - 0 (MANU) Xogada de ataque do Numancia, bonito centro de Bule dende a banda dereita que remata de cabeza Manu con moita precisión, (minuto 22).

2 - 0 (JULIO) Xogada individual de Manu que dispara dende fóra da área. O gardameta ferrolán rexeita o balón, pero aparece Julio moi atento para anotar a porta baleira, (minuto 54).

 



Nunha tarde fría e de chubascos a Marea Vermella acudiu a Prados Vellos para ver a un Numancia que estaba obrigado a dar unha boa imaxe despois da derrota da semana pasada en Cerdido. Os aficionados agardaban impacientes por ver a mellor versión do seu equipo. Non vimos este domingo o mellor Numancia; pero cando menos o que nos ofreceu serviu para derrotar a un combativo rival como foi o Bertón.

Ns prolegómenos do encontro, foi entregado o Trofeo Murillo Viteri a Antón como xogador máis regular do mes de xaneiro, fixo entrega do premio, Alejandro Pérez, representante de Adega Murillo Viteri para a zona de ferrolterra.

Comezou o partido con ocasións. No minuto 2 o gardameta visitante realiza unha fermosa parada a un lanzamento de falta de Manu. No minuto 5 o porteiro do Numancia, Cristian evita o primeiro gol do Berton cunha boa acción de reflexos. Na primeira fase do partido parecía o Bertón mais metido no mesmo; tendo outras duas ocasions claras; un remate o pau e outro que saiu moi cerca deste. O Numancia foi espertando e no minuto 22 apareceu Manu para cabecear a gol un bonito centro de Bule, establecendo o 1 - 0. Foron os mellores minutos do Numancia neste primeiro tempo. Desta forma Javi Rubio tivo o segundo nunha acción que no poido definir cando quedaba so diante do porteiro. Co resultado de 1 - 0 que aseguraba emoción para a segunda metade chegabamos ó descanso.

Na segunda metade saía forte o Bertón cun tiro lonxano sobre a portaría de Cristian. Pero co paso dos minutos o Numancia foi collendo o control do partido. No minuto 54 o pichichi Julio aproveitaba unha xogada individual de Manu para anotar o 2 - 0. Despois dese gol os de Ares poideron poñer mais terra de por medio, pero os atacantes non conseguiron facer mais goles. No minuto 85 o Numancia quedaba con 10 homes pola expulsión de Fernando. Nos últimos minutos o Bertón tivo varias chegadas sobre a portaría de Cristian pero por sorte a vitoria do Numancia non correu perigo. Co resultado coñecido de 2 - 0 finalizaba o partido.

En resumo, non foi o mellor partido de Numancia, pero si un dos mais eficaces e prácticos. A veces soamente se trata de aproveitar as ocasións creadas e de ter concentración e sorte nas accións defensivas. Neste partio iso serviu para derrotar a un equipo da zona baixa como o Bertón que presentou moita batalla durante os 90 minutos en Prados Vellos.

En definitiva, hai que quedarse sempre co positivo. Neste partido novamente os xuvenís tiveron protagonismo. Desta vez foron Martin e Ángel, xogadores xuvenís de primeiro ano que foron de gran axuda no último tramo de partido para o equipo de modestos. Tamén como non, son positivos os tres puntos que permiten ó Numancia situarse 5º clasificado e recurtar distancias cos dous primeiros postos. Queda moito que remar... pero que nunca se perda a licencia para soñar.

Pouco a pouco esta 2ª Autonómica tan igualada comeza a entrar na sua fase decisiva. Así sucede no caso do Numancia que ata final de temporada terá moitas finais ante rivais directos. Os 3 próximos compromisos para o Numancia teñen moito de finais. Ortigueira, As Pontes "B" e Rápido de Neda serán os próximos rivais dos numantinos. Todos eles ó igual que o Numancia situados nos cinco primeiros postos da clasificación. ¡¡¡Agora ou nunca¡¡¡

Próxima parada..... Ortigueira. Campo de Morouzos o próximo domingo a partir das 16:15. Temos toda a semana para preparar a invasión de Ortigueira por parte da Marea Vermella. ¿Imos de excursión? A resposta.... o próximo domingo. Un consello; en caso de apostar facedeo sempre a favor do Numancia e por suposto da Marea Vermella. ¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡

Vémonos o próximo domingo en Ortigueira.

¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.