Afeccionados: Cebarca, 2 - Numancia, 1

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Bernardino Breijo, Cerdido.

DEMASIADO CASTIGO

Partido correspondente á 17ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra, disputado na tarde do domingo no campo Municipal Bernardino Breixo de Cerdido ante numerosos espectadores de ambos equipos.
 
Bernardino Breijo (Cerdido), 2 de febreiro de 2014
 
Aliñacións:
 
Cebarca: Alberto, Oliver (C), Jonatan, Carlos, Juan, Kevin (Dany Yepes), Alex (Christophe), Aitor, Santi, Camacho e Jose.
Adestrador: Francisco Rañal Rodríguez "Farruco".
Delegado: Miguel Mourente Rodríguez.
 
Numancia: Carlos (Cristian), Amenedo (Brayan), Bule, Antón, Álvaro, Teti (C), Julio, Javi Rubio (Rula), Fernando (Alberto), Manu e Alex Pita (Chapu).
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.
Delegado: Jose Antonio Couce Iglesias.
 
Colexiada: Raquel Ortega Orge. Amoestou a Farruco (adestrador) e Kevin no Cebarca. Por parte do Numancia a Bule e Julio.
 
GOLES:
 
0 - 1: (60'). Brayan. Xogada individual de Manu, o seu disparo e rechazado polo porteiro local. Brayan moi atento aproveita ese rechace para envíar o balón o fondo da portería local.
 
1 - 1: (78') Santi. Centro dende a banda dereita do equipo local que chega o segundo pau; alí Santi anticípase os defensores do Numancia e consigue batir a Cristian.
 
2 - 1: (86') Jose. Penalti anotado por Jose. 
 
 

CRÓNICA:
Tarde soleada e fría no Bernardino Breixo de Cerdido. Nutrida presencia de espectadores locais e tamén boa representacion da Marea Vermella que acudían ata A Barqueira para ver ó Numancia ante o último clasificado. Parecía unha tarde perfecta para disfrutar do fútbol e volver para Ares con boas sensacións; pero as cousas torcéronse e de que maneira nos últimos minutos.
 
Na primeira parte vimos pouco fútbol. Moito centrocampismo e loita por parte de ambos equipos; sendo mais intenso o equipo local nos balóns disputados. Houbo algunha que outra ocasión por parte de ambos conxuntos; que buscaban os envíos en profundidade sobre os xogadores de ataque. Chegaba o descanso con 0 - 0. Os afeccionados numantinos acudían a cantina a saborear o merecido e quente café coa sensación de que o Numancia tirara a primeira metade ante o colista da categoría.
 
Na segunda parte, logo duns primeiros minutos de igualdade, chegaba a melloría do Numancia que comezaba a dominar o balón, adiantar líneas e crear perigo sobre a portería local. Como premio a melloría do Numancia chegaba o 0 - 1 obra de Brayan no minuto 60. Despois do gol, o Numancia tivo varias ocasións moi claras para sentenciar o partido. Alex Pita, Manu, Brayan, Javi Rubio.... no foron capaces de acertar ante a portería de Alberto e o Numancia non pechou o partido. Xa sabemos como é o fútbol cando se perdoa.... No minuto 78 chegaba o 1 - 1 por parte de Santi para o Cebarca. Para mais crueldade, no 79 Chapu entraba claramente dende atrás empurrando a gol un balón bombeado que se dirixía hacia dentro da portería local. Para sorpresa e impotencia da parroquia numantina a colexiada apreciaba fora de xogo e invalidaba o tanto. Demasiados castigados esta temporada. O equipo de Cerdido estaba crecido e nun contraataque do Cebarca Bule derribaba claramente a un xogador local facendo penalti. A pena máxima foi materializada por Jose conseguindo o 2 - 1. Volcouse o Numancia sobre a portería local nos últimos minutos. Na última xogada, Antón enviaba lixeiramente desviado un balón que podería supoñer o empate. Non houbo sorte, resultado final de 2 - 1. Demasiado castigo en Cerdido.
 
En resumo, mala primeira metade do Numancia. Na segunda parte, claro dominio do equipo aresán. A falta de acerto na finalización, de concentración defensiva e de algo de sorte no último tramo de partido posibilitaron a sorpresa no Bernardino Breixo.
 
O mellor do partido foi a reaparición de Brayan e Rula tras a sua lesión e compromisos laborais, respectivamente. Pouco a pouco o equipo vai recuperando efectivos. 

 

 
O peor, sen dúbida a derrota que deixa ó Numancia a 11 puntos do 2º clasificado. Golpe moral para a parroquia numantina. Está claro que o marxe de error faise cada vez mais pequeno se queremos loitar por cotas maiores dentro da categoría.
 
En definitiva, demasiado castigo en Cerdido. Toca mirar cara diante.... ¡¡¡TOD@S XUNTOS¡¡¡ Recordemos que isto solo é fútbol aficionado, que ningún xogador vive desto. A receita para escalar postos na clasificación é traballo, compromiso e sobretodo moito apoio do entorno para o noso equipo. Estamos seguros que este grupo de rapaces (debemos ser un dos equipo mais xovenes da categoría) de ARES (agás algunha excepción) dará moitas ledicias a parroquia numantina no que queda de temporada. Esta derrota debe ser un punto de inflexión no camiño do Numancia de modestos. ¡¡¡Ánimo equipo¡¡¡
 
A vindeira ocasión para apoiar o Numancia será o próximo domingo en Ares ante o Bertón. En homenaxe o recente falecido D. Luís Aragonés toca decir que o Numancia de modestos a partir de agora soamente pode ¡¡¡GANAR, GANAR Y VOLVER A GANAR¡¡¡ Pero sobretodo disfrutar do fútbol e ofrecer un bo espectáculo a unha Marea Vermella que agora mais que nunca está obrigada a apoiar, animar e loitar co equipo.
 
¡¡¡Vémonos ó domingo en Prados Vellos para entre tod@s intentar derrotar ó Bertón¡¡¡
¡¡¡Non faltedes¡¡¡
"EL FÚTBOL ES LO MÁS IMPORTANTE, DE LAS COSAS MENOS IMPORTANTES"
O Numancia somos tod@s
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.