Afeccionados: Numancia, 3 - Rosalía, 1
Non hai rival pequeno
Vitoria por 3-1 do conxunto de afeccionados na tarde do domingo en Prados Vellos fronte o Rosalía de Vilaboa, conxunto que conseguiu irse ó remate do primeiro tempo con vantaxe no marcador de 0 - 1.
Antes do comezo do encontro gardouse un respetuoso minuto de silencio en memoria de D. Manuel Candocia; presidente da UD Somozas falecido o pasado fin de semana.
Prados Vellos, 26/01/2014
Aliñacións:
Numancia: Carlos (Cristian), Amenedo (Alex García), Antón, Alberto, Pepe, Teti (C), Manu, Julio, Javi, Alex Pita (Chapu) e Fernando (Marcelo).
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º Adestrador: Manuel A. Cartelle Permuy.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
Rosalía: Bruno, David, Alan, Adri, Mesi, Carlos (C), Juanmy (Ivi), Samuel, Dani (Esteban), Miguel (Rubi) e Kon (Alberto).
Adestrador: José Carlos Teijeiro Freire.
Delegado: José A. Castro Casal.
Árbitro: D. Martin Zakaryan, amosou cartóns amarelos para os locais Manu, Julio e Javi e para os visitantes Dani, Adri, Samuel, Carlos e David. Amosou tamén cartón vermello ó adestrador visitante.
Goles: Javi, Alex Pita e Julio para o Numancia. Miguel para o Rosalía.
0-1: (16') Miguel. Falta no frontal da área local lixeiramente escorada a dereita. Miguel lanza por fora da barreira e o balón entra o rente do pau dereito.
1-1: (71') Javi. Falta no frontal da área visitante. Javi dispara contra a barreira e o rexeite o aproveita el mesmo para poñer o balón no pau dereito da meta de Bruno acadando o empate.
2-1: (80') Alex Pita. Asistencia de Javi a Alex Pita dende medio campo e adiantándose a defensa con rapidez eleva o balón por encima da saída de Bruno.
3-1: (88') Julio. Xogada de Javi pola esquerda con chegada a liña de fondo o centro ó pico da área pequena e rematado por Julio preto do pau dereito da meta rival.
A pesar de ser cuarto pola cola o conxunto do Rosalía amosou máis dificultades das inicialmente esperadas. O conxunto de Vilaboa non tiña reparo en usar os balóns longos e sacarse de enriba o balón cada vez que os locais tentaban chegar a porta.
Así nos primeiros 15 minutos non se rexistraron ocasións de moito perigo en ningunha das dúas áreas. No minuto 16 unha falta permitiría os visitantes adiantarse no marcador e as presas comenzarían no bando local que víronse contaxiados do xogo visitante e comezaron a buscar pelotazos que facilitaba as cousas ós visitantes.
O Rosalía estaba a facer o seu encontro, defendendo e buscando algunha contra, mentres os locais renunciaban por completo ó xogo de combinación, arriscando en defensa e facilitando as contras visitantes. Así no minuto 34 un despexe en longo da defensa do Rosalía permite a Miguel encarar a meta local e cando estaba a piques de disparar a porta a rápida intervención de Alberto desfai o perigo.
Reacciona o Numancia ó minuto seguinte cun balón dende a esquerda que remata dende dentro dá área Julio cara ó pau dereito e o meta visitante Bruno envía nunha boa intervención o balón a saque de esquina.
Sen moito máis perigo chegouse o descanso coa vantaxe visitante. Na segunda metade o Numancia saíu máis asentado e comezou a xogar. Achegouse con perigo á área visitante e forzou unha falta no minuto 61. Xogada moi similar ó primeiro tanto visitante, neste non foi gol directo senon que sería o rexeite o aproveitado por Javi para anotar.
O Rosalía non se veu abaixo e seguiu pelexando, dous minutos máis tarde terían unha ocasión para poñerse por diante cun balón centrado dende a esquerda que pasease pola área local sen que ninguén chegue a rematalo ou despexalo.
Pouco a pouco os locais foron comendo terreo e achegábanse á meta visitante. No minuto 67 unha falta moi protestada por parte do adestrador visitante remata coa expulsión de este último.
Ata o 80 non chegaría o segundo tanto local. Asistencia de Javi a Alex Pita dende medio campo e adiantándose a defensa con rapidez eleva o balón por encima da saída de Bruno. O Rosalía tentouno ata que unha xogada de Javi pola esquerda con chegada a liña de fondo e centro ó pico da área pequena e rematada por Julio preto do pau dereito da meta rival. Era o minuto 88 e os locais conseguían pechar o encontro.
O Rosalía puxo moi difícil a vitoria ós locais que unha vez máis tiveron que contar coa axuda de tres xogadores xuvenís. Os locais fixeron mellor a segunda parte cando se dedicaron a buscar o xogo sen precipitarse. O Rosalía plantou cara pero sobráronlle os dez últimos minutos para levarse algo positivo de Prados Vellos.
O adestrador local deunos o titular desta crónica ó resumir o encontro cun tópico do fútbol pero que é cen por cen certo para este encontro "Non hay rival pequeno".
Para Marcos a clave do encontro foi "Deixar de xogarse de forma directa e pasar a xogar combinativamente que e como sabe facer este equipo. Xa que cando nos dedicamos a xogar directo perxudicámonos nos e favorecemos ós equipos rivais."
Na súa opinión o encontro fronte o Rosalía foi: " Un partido que se esperaba complicado e asi foi, sabiamos polo partido da primeira volta que era un equipo moi disciplinado e ben traballado física e defensivamente, tamén sabiamos que o Rosalia levaba os últimos 4 partidos perdendo nos ultimos minutos. Durante os primeiros 45 minutos fixemos un xogo directo que beneficiaba ó Rosalia xa que para defender o resultado era o máis cómodo. Despois de falalo no vestiario o equipo dedicouse a intentar xogar o balón combinativamente e empezaron a chegar as mellores ocasións."
Tamén destacou: "Salientar o partido dos xuvenís que en todo momento demostraron a sua valía e que están ahí para cando o equipo os necesita. E unha vez máis darlle as grazas a afección que novamente demostrou pese a tarde de chuvia que está do noso lado e debemos traballar durante toda a semana para devolver esa confianza con bos resultados. ¡¡¡vamos numan!!!"
Para a semana saída trampa a Cerdido, porque o Cebarca e último, pero os campos de herba natural non se lles da moi ben ós numantinos, haberá que saír moi centrados e esquecerse da clasificación.