Afeccionados: Cedeira, 3 - Numancia, 1

ADR Numancia de Ares.

Caeron ante o líder

Derrota por 3 a 1 dos afeccionados numantinos na súa visita o campo de O Beco en Cedeira para enfrontarse ó líder da 2ª autonómica.  No descanso o resultado era de empate a un.
O Beco, Cedeira 19 de xaneiro de 2014

Aliñacións:
Cedeira: Truman, Javi, Richard (Pati 62'), Suso, Nes (Pipo 85'), Guti, Pimo (Bernar 31'), Alex, Zurzi (Figu 83'), Deco e Antonio.
Adestrador: Héctor Aneiros Rodríguez
Delegado: Nicolás Vergara Quintiana

Numancia: Carlos, Amenedo (Jauma 28'), Alberto (Marcelo 69'), Antón, Teti (C), Alex García, Manu, Jesús (Rula 74'), Javi, Julio e Fernando (Martín Pérez 77')
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º Adestrador: Manuel A. Cartelle Permuy.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

Árbitro: D. Alejandro Méndez Bouza, amosou cartón amarelo a Javi e ó 2º adestrador do Numancia de Ares.

Goles: Zurzi (2) e Javi para o Cedeira e Manu para o Numancia

0-1 (5') Manu: Balón sobre a area local que despexa a defensa caendo os pes de Manu preto do pico dereito da area local. Disparo forte que entra pegado ó pau sen que Truman chegue a pesar da súa estirada.

1-1 (41') Javi: Saque de esquina dende a dereita do ataque local que remata sen moita oposición Javi, anotando así o empate.

2-1 (68') Zurzi: Balón en longo ás costas da defensa aresana que gaña Zurzi facendo unha condución lixeiramente escorado a dereita e batendo dende o borde da area a Carlos na súa saída cruzando ó pau esquerdo.

3-1 (81') Zurzi: Roubo de balón en medio campo do Cedeira que monta rapidamente unha contra ben finalizada por Zurzi despois de gañar as costas da defensa visitante e bater a Carlos na súa saída.

ADR Numancia de Ares. Cedeira - Numancia. O BecoVisita do Numancia ó campo do líder cun equipo minguado por diversas causas que necesitou da axuda de tres xogadores xuvenís. Con todo o equipo aresán saíu ó campo ben plantado e sorprendeu coa súa presión os locais que viron como Manu adiantaba ó equipo visitante no minuto 5.
Os locais quedaron algo descentrados e dous minutos máis tarde (7'), unha falta sacada por Manu dende a dereita é rematada por Javi con moito perigo e Truman envía a córner nunha boa intervención.
O primeiro perigo local sería xerado polo propio Numancia, así un saque de esquina no minuto 10 dende a esquerda do ataque local é rexeitado por Julio no primeiro pau, o balón sae cara porta e peta no segundo pau saíndo rexeitado fora da area.
No minuto 18 o Cedeira busca as costas dos visitantes e nunha entrada por banda dereita finaliza nun centro que se pasea por diante da meta de Carlos sen que defensores nin atacantes sexan quen de controlar.
O Numancia vense un pouco atrás para evitar os espazos detrás da liña defensiva e permite o control no centro do campo por parte dos locais.
ADR Numancia de Ares. Cedeira - Numancia. O BecoCon todo o Cedeira dominaba pero non xeraba perigo, ata que no minuto 41 un balón en longo remata en córner a criterio do colexiado, para os visitantes o balón debía ser saque de porta. Para maior desgracia o saque de esquina sería aproveitado por Javi para anotar o empate. Con este resultado chegábase o remate dos primeiros 45 minutos.
Na segunda metade o Numancia saíu arriscando novamente e volveu a levar o perigo o marco local grazas a un disparo de falta de Julio no minuto 57´ que sae preto do pau esquerdo da meta local. No 59´ un novo disparo de Julio dende ó borde da área da nun defensa e sae rexeitado. O Cedeira repúxose e aproveitou os espazos nas costas da defensa visitante para anotar o segundo no 68´ por medio de Zurzi. No 81´ os locais pecharon o encontro con outro novo gol de Zurzi.
En resumo un encontro disputado no que o Numancia plantou cara e amosou perigo pero que acabou pagando caro o arriscar en defensa ante un equipo máis veterano, dominador do xogo e con moito poderío en balóns aéreos. 
A clave do encontro puido estar na xogada do empate, onde de un posible saque de porta a favor remátase nun gol en contra. Tamén foi determinante a falta de acerto nas ocasións iniciais do segundo tempo.
Finaliza a primeira volta e o Numancia remata na sétima posición con 23 puntos grazas a 6 vitorias, 5 empates e 4 derrotas, 26 goles a favor e 22 en contra. Unha primeira volta na que diversas circunstancias en forma de lesións, sancións, motivos laborais e imprevistos fixo necesaria a participación de 31 xogadores dos cales 7 foron xuvenís.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.