Afeccionados: Numancia, 1 - Mandiá, 0

A.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Numancia - Mandiá. Prados Vellos

Vitoria sufrida para comezar o ano.

O equipo de afeccionados do Numancia impuxéronse por 1 a 0 ó Mandiá no serán do domingo en Prados Vellos no partido correspondente a 14ª xornada de liga da segunda autonómica. Os primeiros 45 minutos remataron con empate no marcador. 

 Ares 12 de xaneiro de 2014

Aliñacións:

Numancia: Carlos, Amenedo (Dudi 60'), Antón, Bule, Alex García, Teti (C), Alex Pita, Jesús (Jauma 80'), Manu, Julio (Paulo 73') e Fernando (Javi 64').

           Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Mandiá: Alfredo, Sergi (Pablo 85'), Ivancito (Ayoub 85'), Moisés, Óscar, Kuni, Canosa (Verde 76'), Benchi, Berto, Unai e Bruno (Jesús 60').

Adestrador: Iván Rey Breijo.

Delegado: Julio Rivas Vázquez.


Árbitro: D. Daniel Calderón Pérez, amosou cartóns amarelos ós locais Bule e Alex Pita e ós xogadores Óscar, Unai, Verde, Berto e ó adestrador  polos visitantes.

Gol: Javi.


 

Tarde fría en Prados Vellos para retomar a competición da segunda autonómica. A visita de un recen descendido da primeira autonómica como o Mandiá facía esperar un encontro interesante para o público e complicado para os locais.

Nos prolegómenos fíxose entrega a Teti do Trofeo Murillo Viteri como xogador máis regular do mes de decembro.

A primeira metade arrincou con un Numancia algo impreciso que permitiu a primeira aproximación con perigo dos visitantes ós 8 minutos. Contraataque que desaproveita o dianteiro ó enredarse co balón perdéndoo cando encaraba xa a meta de Carlos.

Os 12 minutos chega a primeira oportunidade clara dos locais nos pes de Alex Pita pero e atallada polo meta visitante.

A partir de aquí os locais estaban máis asentados e tentaban buscar a presión sobre a saída de balón do rival que víase obrigado a xogar en longo. O conxunto numantino arriscaba pero os dianteiros visitantes non obtiñan ocasións claras, grazas a boa labor defensiva dos aresáns.

As mellores ocasións serían para os numantinos, disporían de ata cinco claras ocasións para abrir o marcador:  

Manu no minuto 20 preto da porta cruzaría en demasía un disparo dende a esquerda.

No 30 cambio de xogo de Alex García dende o centro do  campo cara a banda dereita para que Julio chegue preto da liña de fondo e poña un centro que non son quen de rematar coa porta baleira nin Fernando nin Alex Pita.

No 34  saque de esquina de Julio que queda na área pequena diante dos pes do porteiro visitante e ninguén e capaz de empurrar dentro da meta visitante.

No 36 contraataque levado por Alex Pita e Julio con disparo dende fora de este último que saca o porteiro cunha boa parada enviando o balón a saque de esquina.

A saída de este “corner” sacado por Julio  chegaría algo forzado Jesús no segundo pau e o seu remate sae fora por pouco.

Para rematar a primeira metade susto importante para a parroquia local no minuto 44  cun disparo desde preto do pico dereito da área pequena de Berto que saca da escuadra Carlos cunha fenomenal parada.


A segunda metade, coma a primeira seguía coa presión local e o xogo longo dos visitantes sendo novamente as ocasións máis claras para os locais.

Minuto 54 saque de esquina novamente de Julio e non chega ó remate Jesús por moi pouco. No 58´ entrada pola dereita de Fernando con pase a Alex Pita que encara o meta visitante e dispara moi escorado a dereita votando fora o balón. No 60 ocasión para Manu cun disparo dende a dereita que  atalla o porteiro. 

O Mandiá disporía de duas  ocasións nos minutos 67 cun centro dende a dereita e remate dende a area pequena con o balón preto do pau. E no 68 cunha falta  que sae preto da escuadra esquerda da meta de Carlos

No minuto 70 unha nova ocasión Numantina, esta  vez centro dende a esquerda de Julio con remate de Javi que rexeita o meta visitante.

No 81 chegaría o gol nun pase dende medio campo pola dereita de Alex Pita para a entrada dende a esquerda de Javi quen se adianta a defensa encara i eleva o balón por riba do meta Alfredo anotanto o que sería o único tanto do encontro. Xogada que foi moi protestada polo equipo visitante que reclamaban posición incorrecta do dianteiro aresán.

En resumo encontro moi disputado con tensión e que grazas a presión local o Mandiá viuse obrigado a facer fútbol directo e precipitado. Mentres os locais xeraron moitas ocasións pero erraron moito cara a porta. Defensivamente  a labor de todo o equipo foi determinante con presión dos dianteiros, recuperacións no medio campo e rapidez e contundencia nas máis das veces na liña traseira acompañados de un Carlos moi centrado. Parabéns neste bo arrinque de ano. 

 

O adestrador Local Marcos Amor Roel deixounos a súas impresións sobre o encontro.

Marcos resumiu o encontro no seguinte titular: "Premio a un traballo ben feito".

Na súa opinión a clave do encontro foi:"Seguir creendo na victoria traballando tanto defensivamente como ofensivamente e non dar por bon o empate."

O adestrador local destacou como positivo que: "O millor do equipo é a entrega en todo momento e querer demostrar en todo que moitas criticas vertidas sobre o equipo non son certas xa que o equipo si estivera acertado de cara o gol e as lesions non se cebaran co equipo podriamos estar loitando cos equipos punteiros da categoria." Mentras que no negativo en esta xornada pensa que non hai "nada que reprochar".

Marcos calificou o encontro de esta xornada en Prados Vello como un "Partido que se esperaba moi difícil e asi foi, visitou Prados Vellos un equipo que sabía moi ben a que xogar, intentar recuperar o mais rapido posible e tirar contras moi perigosas para a defensa do Numancia, outro dos peligros do equipo rival eran as accions a balon parado. Non quero ser pesado pero o traballo defensivo dos 16 xogadores no día de onte foi perfecto. "

Por último deixou unha semana máis unha mensaje de agradecemento: "Agradecer novamente a afección xa que ainda que non estivo boa tarde para subir a Prados Vellos ali estavan dando o seu alento o equipo. Entre todos esperemos conseguir unha temporada inesquecible. ¡¡¡aupa numan!!!"

 


 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.