Afeccionados: Numancia, 0 - A Capela, 2

A.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Numacnia, 0 - Capela, 2. Prados VellosA MALDICIÓN DE PRADOS VELLOS

Partido correspondente a 12ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos. Vitoria do equipo de A Capela por 0-2, ó descanso o resultado era favorable ós visitantes por 0 a 1.

 

Prados Vellos, 15 de decembro de 2013

Aliñacións:

Numancia: Carlos, Álvaro, Costa, Antón, Paulo (Amenedo 66´), Teti (C), Julio (Jauma 71´), Jesús (Alex Pita 56´), Manu, Fernando (Javi Rubio 56´) e Chapu.

Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

A Capela: Jorge, Santi, Rafa, Noel (C), Fermín, Alex Antón, Raúl (Mauro 82´), Tino (Alberto 77´), Carlos (Isma 66´), Telmo e Peli (Remus 80´).

Adestrador: Marcos Martínez Seco.
Delegado: José Luis Pereira Permuy.

Árbitro: D. Alberto Martínez Míguez. Amoestou a Julio por parte do Numancia

Goles: Carlos e Telmo para A Capela.

 



0 - 1: (10') Carlos. Centro dende a banda esquerda do ataque do Capela que remata Carlos libre de marca dende o punto de penalti.


0 - 2: (81') Telmo. Balón en longo sobre Telmo que aproveita para batir a Carlos na sua saída.

Crónica:
Bonito, emocionante e intenso partido o que ofreceron dous equipos da zona alta da 2ª Autonómica os numerosos espectadores que se deron cita en Prados Vellos nunha tarde primaveral de decembro en Prados Vellos. Numancia e Capela, cada un coas suas armas buscaron a vitoria que finalmente foi para terras capeláns.

Comezaba o partido co Numancia en tromba. Nos primeiros 10 minutos foron varias as xogadas combinativas dos aresáns que terminaban con disparos que rozaban o gol. Pola sua parte o Capela na sua primeira saída o contraataque anotaba o 0 - 1 por medio de Carlos. Cousas do fútbol, os primeiros 10 minutos avisaban do que sería o resto do partido. Un Numancia dominante que na primeira metade fixo un moi bo fútbol, pero que non estivo acertado cara a portería. Mais ocasións, especialmente dous goles pantasma (un mais real que pantasma) e unha vaselina de Chapu que se foi por riba da meta de Jorge. Non había sorte nin acerto para o Numancia polo que o resultado ó descanso era de 0 - 1 favorable os visitantes.

Na segunda metade comezou mellor asentado ó Capela que tivo varias aproximacións a meta defendida por Carlos nos primeiros 10 minutos. Pero a última media hora de xogo foi completamente numantina. Con empuxe e bo xogo por momentos os de Ares volvían a errar numerosas ocasións. Chapu, Javi Rubio.... non había maneira. Para colmo de males Julio fallaba un penalti. Definitivamente o veterán porteiro de A Capela, Jorge sería feito internacional neste partido polos atacantes numantinos. Que non se confíen Casillas, Valdés nin Reina de cara ó Mundial de Brasil despois do visto hoxe en Prados Vellos. Antes de rematar o partido Telmo anotaba o definitivo 0 - 2 para o Capela ante a desesperación e incredulidade da parroquia numantina.

En resumo, un gran partido da 2ª Autonómica onde o Numancia puxo o xogo ofensivo e as ocasións. O Capela non estivo fino defensivamente pero tivo a Jorge espléndido e a sorte de cara. No apartado ofensivo si que estivo acertado o Capela sendo efectivo o 100 por 100 nas suás ocasións. No fútbol xa se sabe, o que perdoa o paga.... goles son amores.... Pois iso, noraboa ó Capela por esta vitoria importante en Prados Vellos.

No aspecto positivo, resaltar no Numancia o bo xogo combinativo na maior parte do partido. Tamén o cambio de actitude cuns xogadores mais centrados no partido; sendo soamente amonestado Julio neste encontro.

No aspecto negativo, a falta de acerto nos últimos metros e os fallos de orde e de concentración que conlevaron os dous goles do Capela.

Este é un camiño moi longo. O Numancia atopase agora a 6 puntos do segundo clasificado. Non pasa nada. O que si agardamos e que a maldición de Prados Vellos desapareza; porque este Numancia o que gaña fora esta a perdelo na casa. Prados Vellos debe ser inexpugnable para un equipo que quere loitar polas primeiras posicións da 2ª Autonómica.

O adestrador local, Marcos Amor, resumía nun titular o encontro desta xornada: "O que perdoa ó final a paga". 

Para Marcos a Clave do encontro foi: " A falta de acerto de cara o gol, e acerto casi dun 100% do equipo visitante."

Continuaba Marcos con a súa visión do partido disputado frente A Capela en Prados Vellos: "Partido dominado dende o comenzo o fin polo numancia de Ares o cal puxo o xogo e as ocasións de gol pero esta non foi a millor tarde do noso equipo de cara o gol. Os xogadores locais e o publico asistente en Prados Vellos reclamaron un gol o cal o arbitro do encontro non diu por valido xa que dada a sua colocación non puido apreciar si o balón entrara na porteria do Capela. Durante todo o partido o Numancia seguiu cercando a porteria rival sin sorte de cara o gol, hasta chegou a fallar un penalti . Pola contra o equipo visitante soamente chegou en duas ocasións á meta defendida por Carlos na primeira metade, sendo na primeira chegada cando chegaría o primeiro gol visitante. Na segunda metade o equipo visitante seguiu xogando un fútbol directo e de pouca elaboración pero sería na recta final cando chegaria o segundo gol visitante aprobeitando que o Numancia estaba volcado buscando o tanto do empate."

Por último o adestrador local quixo: "Salientar  a entrega e traballo de todos os xogadores do Numancia de Ares, que dende o primeiro minuto ata o pitido final  non tiveron o premio merecido, pero seguro que traballando tal cual se está  facendo os resultados serán millores sen dubida."

E rematou enviando unha mensaxe á afición numantina: "Dende o corpo técnico e xogadores querían agradecer os ánimos e o apoio que todos os domingos lles da a afición que asiste a Prados Vellos. Esperado que no ano 2014 poidan darlles millores resultados."

A vindeira semana toca un partido compricado en Narahío. O campo de herba natural e reducidas dimensión de A Veiga sempre é un aliado para o aguerrido e voluntarioso conxunto local. Pero si algo está a demostrar este Numancia e compromiso, valentia e loita nos partidos lonxe de Prados Vellos.

Último partido de 2013 para o Numancia. Toca vencer en Narahío para comer o turrón na zona nobre da 2ª Autonómica. Viaxe obrigado para a Marea Vermella antes de coller as vacaccións de Nadal. ¡¡¡Tod@s a Narahío ó domingo¡¡¡ ¡¡Non faltedes¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.