Afeccionados: COPA DE FERROL. G. MUGARDOS, 2 – NUMANCIA, 4

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Aficionados. Copa. Galicia de Mugardos, 2 - Numancia de Ares 4. A Pedreira. MugardosContinúa a racha. Estamos en cuartos.

 

24 de maio de 2009. Xoán.


ALINEACIÓN:

NUMANCIA : Sergio; Bule,, García, Vicente, Jaume; Teti, Borja, Javi; Julio, Oli e Rubén..


MINUTO A MINUTO:

PRIMEIRA PARTE:

m.3: Borja lanza unha falta desde o medio campo do Galicia directa ao traveseiro e Oli non ten máis que empuxar o balón ás redes.

GOOOOOOOOOOOL DE OLI ! G. MUGARDOS, 0 –NUMANCIA, 1


m. 5: Contraataque conducido por Oli quen mete un balón á área, onde Teti, só diante do porteiro, non é capaz de superalo. Puido ser o 0 – 2.

m. 10: Esteban recibe un golpe e abandona momentaneamente o partido.

m. 15: Julio agarra a un contrario para evitar o contraataque do Mugardos. Recibe un cartón amarelo.

m. 27: O porteiro mugardés sae fóra da área para blocar un balón que lle chegaba sen dificultade. Nin o árbitro nin o seu axudante de banda apreciaron a situación do porteiro, claramente fóra da súa área.

m. 28: Rubén, só diante do porteiro, intenta unha vaselina que sae fóra. Outra ocasión moi clara para o Numancia.

m. 32: Javi remata de cabeza un saque de córner. O seu testarazo,despois de tropezar nun defensa mugardés, sae cerca do poste. Están desaproveitando a ocasión de distanciarse no marcador.

m. 34: Córner regalado pola defensa do Numan. O primeiro remate dá no poste e o segundo establece o empate.

GOOOOOOOOOL DE JUANCHO! G. MUGARDOS, 1 – NUMANCIA, 1


m. 37: Balón perdido no medio campo polos aresáns que provoca un contraataque dos locais. Chjpi remata raso e cruzado, pero Sergio consegue desviar a córner.

m. 38: Penetración de Víctor pola liña de fondo, regateando a varios defensas, que finalmente termina en saque de portería.

m. 40: Internada de Teti polo centro que é cortada en falta. O lanzamento de Javi sae moi alto.

m. 42: Cartón amarelo a Javi por cometer falta sobre Lestón, no centro do campo.

m. 43: Javi conduce un contraataque polo centro. Ao borde da área entrega a Rubén, quen dentro da área, bate por baixo ao porteiro local.

GOOOOOOOOOOOL DE RUBÉN! G. MUGARDOS, 1 – NUMANCIA, 2


FIN DA PRIMEIRA PARTE: Chégase ao descanso coa mínima vantaxe dos aresáns, cun último gol que fai xustiza ao Numancia, pois foron eles os que máis intentaron o fútbol combinativo, e tamén os que gozaron das oportunidades máis claras. O Mugardos, cun esquema máis defensivo (5-3-2) aproveitou as imprecisións da defensa numantina para crear algunhas ocasións.


SEGUNDA PARTE:

m. 2: Córner lanzado polo Mugardos que acaba no poste. Busca o empate o Mugardos.

m. 5: Sergio róuballe o balón a Chipi dentro da área. Foi unha boa oportunidade para Chipi, gañándolle as costas á defensa aresá.

m. 7: Excelente xogada de Puchi regateando a varios defensas e cedendo a un compañeiro dentro da área. Teti consegue interceptar o balón que sae na dirección do porteiro. Sergio, indeciso, opta finalmente por coller o balón coas mans, cando podía despexalo facilmente. O árbitro interpreta cesión e sanciona a infracción. O primeiro disparo rebota na defensa quedando aos pés de Juancho que, novamente, introduce o balón nas redes.

GOOOOOOOOOOOOOOOL DE JUANCHO! G. MUGARDOS, 2 – NUMANCIA, 2


m. 9: Oli intenta varios regates na área local, chegando o balón a Javi que dispara ao poste.

m. 14: Cartón amarelo a Esteban.

m. 19: Excelente internada de Oli pola banda esquerda con centro á área que rexeita un defensa. Teti adiantándose a todos alcanza o balón e de cabeza, bate ao porteiro.

GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DE TETI! G. MUGARDOS, 2 – NUMANCIA, 3


m. 23: Dobre ocasión para o Mugardos tras o saque de córner. A defensa numantina consegue despexar o balón desde a mesma liña de gol. Comentar que o Mugardos modificou o seu esquema táctico, pasando a xogar con catro defensas e catro medios, a onde se incorporou Víctor.

m. 24: Substitución no Numancia: entra Pedro por Julio.

m. 25: Cartón amarelo a Lestón.

m. 29: Outro cambio no Numancia: agora se retira Borja e entra César.

m. 34: Primeira substitución no Mugardos: Dieguito por Chusín.

m. 37: Terceiro cambio no Numan: entra José e retírase Rubén. Comentar que tamén o Numancia modifica o seu esquema inicial, reforzando a defensa, onde se sitúa César. Parece que a intención é conservar o resultado.

m. 38: Bonita combinación entre Javi, Oli e, novamente Javi, que termina en córner.

m. 43: Falta lateral desde a dereita, centrando Jose un balón que desvía Oli, adiantándose á defensa e ao porteiro.

GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DE OLI! G. MUGARDOS, 2- NUMANCIA, 4

Sentenciou o Numancia. Este cuarto gol asegura a clasificación.


m. 44: Shuster entra por Oli, que se retira entre os aplausos dos seus afeccionados. Sen dúbida, o protagonista do partido foi o veterán capitán do Numancia, non só polos goles, senón tamén porque sempre foi un pesadelo para a defensa mugardesa. Derrochou coraxe e valentía, disputou todos os balóns aéreos, aguantou o balón nos pés esperando polos seus compañeiros, regateou e........ conseguiu dous goles. UN PARTIDAZO, CAPITÁN!


FIN DO PARTIDO: O Numancia clasifícase para cuartos de final nun partido disputado con moita intensidade. Quizás o fútbol do Numancia, polo menos neste partido, merecese máis a vitoria. Aínda así, os locais non se entregaron nunca e buscaron o empate ata os últimos minutos, lanzando balóns longos aos dous puntas. En conclusión: bonito espectáculo o vivido hoxe na Pedreira, con goles, ocasións e dúas afeccións entregadas.


INCIDENCIAS: Excelente entrada na Pedreira con moita asistencia das dúas afeccións. Aínda que houbo os tradicionais “piques” de rivalidade, consideramos que tiveron un comportamento aceptable.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.