Afeccionados: Cariño, 2 - Numancia, 4

A.D.R: Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Cariño, 2 - Numancia, 4

Longo desprazamento con premio.

Partido da 11ª xornada de liga da 2ª Autonómica, no que o Numancia de afeccionados facía uns dos desprazamentos máis longos para visitar ó Cariño. Longa viaxe compensada pola vitoria final de 2 a 4, nun partido moi disputado e que chegou ó descanso con empate a uns.

 

 

Cariño, 8/12/2013

 

Aliñacións:

Cariño: David, Aneiros, Fol (Brais 87'), Rubén (Adán 77'), Rusti (C) (Óscar 84'), Alex, Perlero, Nilis, Miguel, Damián e Kilen.

Adestrador: Jonatan Quintana Orizales.

Delegado: Carlos Yáñez Quiza

 

Numancia: Carlos, Alberto (Marcelo 65'), Costa, Antón, Teti (C), Paulo, Fernando (Jesús Lourido 84'), Jesús Guerrero (Martín Pérez 72'), Chapu (Cristian 89'), Manu e Julio.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

 

 Árbitro: D. Borja Gundín Barreiro amosou cartóns amarelos a David, Rusti e Fol polo Cariño e a Antón e Chapu polo Numancia.

 

 Goles: Damián e Miguel para o Cariño, Julio (3) e Chapu para o Numancia.

1 - 0: (20') Damián. Falta ladeada dende a esquerda do ataque do Cariño á altura da área numantina. Balón que pon con moita rosca Damián e despois de petar no segundo pau entra na meta visitante.

1 - 1: (24') Julio (p). Penalti do meta David sobre Chapu que convirte en tanto Julio.

1 - 2: (46') Chapu. Saque de centro do Numancia que efectúa Jesús sobre Chapu i este envía o balón con moita forza colándose preto da escadra dereita do meta David a quen sorpende o lanzamento.

2 - 2: (57') Miguel (p). Penalti por mans de Antón que Miguel aproveita para anotar o empate a dous.

2 - 3: (74') Julio. Xogada rápida de contraataque donde Chapu recepciona en medio campo e asiste a Julio que entra pola dereita. Este último dispara forte dende o borde da área anotando o gol.

2 - 4: (85') Julio. Recuperación de balón en tres cuartos de campo de Jesús Lourido quen despois de roubar o balón asiste a Julio quen finaliza de xeito similar ó terceiro tanto.

 

 

O conxunto numantino chegaba a Cariño con moitas baixas para enfrontarse a un conxunto, o de Ortegal, con dinámica gañadora despois de vencer ao Cedeira en O Beco e ao Mandiá na casa. Até catro xogadores do equipo xuvenil subiron para completar a convocatoria e axudar aos maiores.

O primeiro tempo foi moi disputado con alternativas no xogo e aproximacións a ambas metas aínda que sen claridade. No minuto 20' unha falta lateral é aproveitada por Damián para sorprender a todos cun disparo con rosca ao segundo pau que toca neste e introdúcese na meta de Carlos. O Numancia non baixou a garda e aos tres minutos, un roubo de balón de Chapu finaliza con penalti do meta local sobre o dianteiro aresano. Julio anota o seu primeiro tanto e iguala o partido. De aí ao descanso o xogo seguíu interesante con ocasións por ambos bandos ben resoltas polo traballo defensivo de ambos equipos. Con empate a un tanto chégase ao descanso dun partido que estaba a resultar bonito.

A segunda parte comeza cun gol digno de saír nos resumos da semana, saque de centro de Jesús e Chapu dende o centro xeométrico do campo envía un mísil que entra pola escadra dereita da meta local sorprendendo ao meta David e todos os que estaban no campo.

O Cariño foise a polo Numancia e no minuto 57 do mesmo xeito que no primeiro tempo, o empate chegaría de penalti. Entrada por banda dereita do Cariño e centro á área. O balón vai á man de Antón e o colexiado decreta penalti, Miguel sería o encargado de convertelo en gol.

Seguiuse xogando con gran intensidade e o público presionaba dende a bancada, o Numancia viuse un pouco apurado nalgúns momentos, pero un contraataque ben levado por Chapu que recibe no medio campo e pasa o balón a Julio permitindo a este último disparar dende o bordo da área un bo balón ante o que nada puido facer o meta local. Era o minuto 74 e subía o 1 - 3 ao marcador. Seguiu insistindo o Cariño que reclamou algunha xogada dubidosa na área visitante. O Numancia realizou un bo labor defensivo e aguantou os ataques locais ata que no minuto 84, Jesús Lourido nunha xogada de forza, recupera un balón en tres cuartos de campo rival e pasa o balón a Julio quen novamente e de forma similar ao terceiro tanto anota pechando o partido co 2 - 4 definitivo. 

En resumo un bo encontro dos aresanos, ordeados e con intensidade ligado ó acerto goleador de Chapu e Julio,  ante un rival moi compricado e que permite seguir de preto na pelexa polos postos altos. Para a semana visitará Prados Vellos o equipo da Capela empatado a puntos na clasificación co Numancia e a 4 puntos do líder, o Cedeira.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.