Afeccionados: Bertón, 0 - Numancia, 3

A.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Bertón, 0 - Numancia, 3. A Gándara Ferrol

Tres puntos para seguir medrando 

Vitoria por cero a tres do equipo de afeccionados ante o Bertón, no campo da Gándara en Ferrol o domingo no serán. Ó descanso chegouse con ventaxe aresán de dous tantos a cero.

 

 

A Gándara (Ferrol) 13 de outubro de 2013

Aliñacións

Bertón: Edgar, Alex, Amil (Ríos 46'), Alberto (C), Pablo (Chajo 56'), Servando, Iñaki, Balillas, Óscar (Giova 86') e Lucho (Ángel 63').

Adestrador: José L. Padín Calvo

Delegado: Marcos Saavedra Sueiras

Numancia: Carlos (Xaime 75'), Álvaro (Amenedo 65'), Martín, Bule (C), Dudi, Teti, Manu (Brayan 56'), Paulo (Jesús 71'), Julio, Chapu (Alex Pita 56') e Fernando.

Adestrador: Marcos Amor Roel

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Eduardo Pereira Dobarro, amosou cartóns amarelos a: Alex, Iñaki, Óscar e Ríos polo Bertón e a Carlos, Bule e Julio polo Numancia.

Goles: Fernando, Chapu e Julio para o Numancia.

0 - 1 (3') Fernando. Balón en longo dende campo propio polo centro que Chapu gaña no circulo central, avanza uns metros e pasa cara a dereita para a entrada en diagonal de Fernando quen adentrandose lixeiramenete na área bate o meta local.

0 - 2 (29') Chapu. Julio situado lixeiramente á dereita no borde da área pasa o balón a Chapu situado na media lúa, este acomoda o balón para disparar forte e anotar o segundo tanto visitante.

 

0 - 3 (71') Julio. Saque de esquina de Alex Pita que remata Julio dende a área pequena adiantandose a defensa e porteiro local.

A choiva acompañou na primeira metade e puxo rápido o campo. Pronto amosou perigo o conxunto visitante con unha clara chegada que non finaliza en gol por pouco. Tratou de respostar o conxunto local, pero sería sorpendido á contra por os de Ares que aproveitaron a rapidez e acerto dos seus dianteiros.

Despois do gol entrouse nun certo descontrol donde o Bertón achegouse á meta de Carlos e xerou perigo, pouco a pouco foise facendo novamente co control o Numancia xerando novas ocasións de perigo ata que Chapu acadou o segundo gol. Dende ahí ata o final da primeira metade disporíase de moitas ocasións pero unhas veces o acerto do meta local, outras o erro do rematador visitante impediron unha renda maior. Os locais tentaron atacar pero pouco a pouco foron diluíndose.

A segunda metade foi case na súa totalidade dominada polo Numancia, máis control no xogo e ocasións resoltas polo meta local novamente con acerto ata que no min. 71 Julio pechou o encontro a saída de un saque de esquina. O Bertón tentou acurtar distancias e obrigou a Xaime a intervir en un par de ocasións con acerto. O marcador xa non se movería e remataría o encontro con cero a tres.

En resumo, encontro ben levado polo Numancia que acadou un merecido triunfo ante un Bertón voluntarioso pero sin moita pegada e que ainda esta a coller o ritmo da categoría. Para os de Ares supon un bo arranque ligueiro con 7 puntos acadados de 9 posibles diante dos tres debutantes na categoría.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.