AFECCIONADOS: Pretemporada G. MUGARDOS "B", 0 - NUMANCIA, 0.

COA PÓLVORA MOLLADA

 Último amigable de pretemporada que finalizou con empate a cero entre o Galicia de Mugardos "B" e o Numancia de Ares en partido disputado na tarde do domingo no campo de herba natural de A Pedreira.  


A Pedreira 22 de setembro de 2013.

ALIÑACIONS

G. MUGARDOS “B”: Óscar (Marcos), Cuco (Puchi), Adán(Cristian), Mani, Arturo, Choche(Joaquín), Diego(Vicente), Lestón (c), Javi, NAcho e Xavi.

Adestrador: David Fernández Pereira

2º Adestrador:  Víctor Montero Brage

Delegado:  Leonardo García Lozano

NUMANCIACarlos (Cristian), Álvaro (Chapu), Martín(Javi R.), Dudi, Rubén, Teti(c), Manu (Pulo), Julio (Amenedo), Brayan Jesús), Pita e Fernando.

Adestrador: Marcos Amor.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle.

Delegado: José Antonio Couce.

ÁRBITRO: Cristian Santos González amonoestou con cartón amarelo ós xogadores do Numancia  Fernando, Brayan, Javi R. e Rubén este último por partida doble sendo explusado no minuto 78. E cartón vermello ó adestrador visitante Marcos Amor no minuto 58.

RESUMEN

Partido disputado na tarde do domingo no campo de herba natural de A Pedreira ante numerosos espectadores de ambos equipos.Instante do partido G. Mugados "B" 0 - Numancia 0 (22/09/13)

Sol e calor presidían unha tarde de domingo e de derbi no campo principal de A Pedreira que contaba con moitos afeccionados de Mugardos e Ares. Galicia de Mugardos "B" e Numancia disputaban o seu último partido de preparación e que mellor que un sempre competido, esixente e tenso derbi para activar o chip competitivo con vistas a competición ligueira.

Na primeira metade, os locais querían sair co balón controlado dende atrás. Atopáronse coa presión do Numancia que era capaz de roubar varios balóns para rápidamente buscar a velocidade de Fernando, Brayan e Pita que tiveron varias ocasións fallidas diante da portería local. Por parte mugardesa, tamén ocasións; aínda que algunha menos cando foron capaces de superar o bo traballo defensivo do Numancia. Chegabamos o descanso cun empate; que a parroquia numantina sabíalle a pouco despois do visto no verde mugardés.

Na segunda metade o ritmo de partido non decaeu demasiado, amosando ambos equipos un alto nivel físico logo do bo traballo dunha longa pretemporada. O fútbol era rápido e o partido pouco a pouco foise rompendo. Ocasións en ambas porterías, chegadas perigosas dos mugardeses que se atoparon cun inspirado porteiro numantino Cristian. O Numancia chegaba coa velocidade de Brayan, Fernando e Pita e cos balóns aéreos sobre os dous killers do equipo; Chapu e Javi Rubio que non estiveron moi afortunados de cara a gol esta tarde na Pedreira. Coa pólvora mollada e cun extraño empate sin goles tras ver como foi o partido se chegaba ó final do mesmo.

En resumo, boa última proba para Mugardos "B" e Numancia. Ambos equipos disputaron un bonito, entretido e intenso partido para desfrute dos espectadores. Quizáis sobraron neste competido pero limpo partido as dúas expulsións sufridas polo Numancia: un poco debido a rigurosidade arbitral e outro pouco - moito pola inocencia e alteración numantina. ¡¡¡Calma e cabeza a todos que estamos empezando¡¡¡Instante do partido G. Mugados "B" 0 - Numancia 0 (22/09/13)

En definitiva, parece ser que xa temos o Numancia preparado para comezar a 2ª Autonómica. Hoxe xuntáronse 18 xogadores seniors; tendo soamente 4 baixas por lesións ou viaxes. Este exemplo de compromiso e sacrificio ten que repetirse semana a semana dende o vindeiro domingo ata finais de xuño (onde agardamos poder estar disputando as últimas rondas da Copa da Ría).

Comeza ó serio o vindeiro domingo ás 17:30 no campo de O Lameiro en Vilaboa (Valdoviño) chega a 1ª xornada de Liga da apasionante 2ª Autonómica. Toca animar.... de principio a fin... ¡¡¡Todos a Vilaboa ó próximo domingo¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.