AFECCIONADOS. TRIANGULAR NUMANCIA - CARNOEDO - AS PONTES "B".

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2013-2014. Triangular Numancia - Carnoedo - As Pontes UN TROFEO QUE RECOÑECE O TRABALLO

Torneo disputado en formato triangular entre os equipos do Numancia, CD As Pontes "B" e Carnoedo CF na tarde do sábado en Prados Vellos.


Ares, 24 de agosto de 2013.

Os adestradores dos equipos participantes convocaron para este Torneo os seguintes xogadores:

NUMANCIA DE ARES: Carlos, Álvaro, Bule, Dudi, Antón, Teti, Paulo, Fernando, Rubén, Manu, Brayan, Cristian, Puchi, Pita, Martín, Adrián, Ángel e Darío.

Adestrador: Marcos Amor.

2º Adestrador: Manuel Cartelle.

Delegado: Jose Antonio Couce.

CD AS PONTES "B": Cris, Esteban, Darío, Totti, Juan, Sergio, Cabani, Adrián, Mila, Rubén, Vicente, Javi Pekas, Dani, Marcos Nando, Palas e Rober.

Adestrador: Iván Rodríguez.

2º Adestrador: "Paco".

Delegado: Angel Barro "Peruzzi".

CARNOEDO CF: Xoan, Sebas, Kike, Óscar, Eloy, Miguel, Toni, Martico, Santi, Bernardo, Adrián, Álvaro, Paco, Alex Santos, Abel e Borja Dorado.

Adestrador: Manolo Castro.

Delegado: Leonardo Di Pasqua.

COLEXIADO: Daniel Barrera Lourido. Sin incidencias.

 

 

Os partidos dunha parte de 45 minutos disputados durante a tarde foron os seguintes:

17:30: NUMANCIA DE ARES, 1 –  CD AS PONTES "B", 1 (3 - 1 PP)

Nos primeiro tramo de partido foi superior o Numancia, que tivo varias opciones de anotar goles. O premio do gol chegaría a balón parado no minuto 10. Falta lateral sacada por Antón e rematada a gol no punto de penalti por un Dudi que esta vez si aparecía para adiantar o Numancia neste primer partido. Este gol espertou os ponteses que melloraron no seu xogo e tiveron tamén varias ocasións de gol. Encontraron o premio de anotar o 1 - 1 por medio do debutante Rober que aproveitaba un balón as costas da defensa numantina e a mala saída de Carlos para conseguir o empate. Ata o final houbo ocasións para ambos equipos pero o partido decidiríase nos penaltis.

Na tanda de penaltis os goles numantinos de Bule, Jaume e Pita e as 3 paradas do porteiro Cristian daban a vitoria o Numancia.

18:30: CD AS PONTES B, 2 – CARNOEDO CF, 2 (4 - 3 PP)

Despois dunha primera fase do partido con ambos equipos tanteándose chegarían os goles nos últimos 20 minutos do encontro. Adiantabase o Carnoedo cando Iván aproveitaba un balón longo as costas da defensa pontesa. O As Pontes conseguía darlle a volta o partido grazas o prometedor dianteiro de Cerdido, Javi Pekas que amosou o seu olfato de gol conseguindo dous goles de auténtico dianteiro de área. Pero os veteráns e guerreiros do Carnoedo, moi cerca do final conseguían empatar o encontro por medio de Abel que rematou dentro da área un centro preciso. Outro partido que resolvería o seu gañador nos penaltis.

Na tanda de penaltis estiveron mais afortunados os ponteses que gañaban a mesma por 4 - 3.

19:30: NUMANCIA DE ARES, 0 – CARNOEDO CF 0 (5 - 4 PP)

Aresáns e sadenses disputaban o último partido do triangular. Xa coa fresca os numantinos intentaban combinar o  balón e facer fútbol combinativo. Pero tiñan en fronte un equipo de 1ª Autonómica veterano e que ten a orde, o rigor táctico e o bo traballo defensivo como pilares do seu xogo. O Numancia non conseguía chegar con claridade e o Carnoedo intentaba levar perigo co seu habitual fútbol directo pero tampouco chegaba con claridade a portería numantina. Con este panorama todos agardabamos pola tanda de penaltis; ainda que nos últimos 10 minutos Álvaro tivo que sacar un balón que xa entraba na portería numantina. Tamén poido o Numancia levarse o encontro sin necesidade de penaltis si Bule ou Fernando chegan a estar mais acertados nas definicións de tres disparos dentro da área sadense. Non foi así e o partido chegaba a tanda de penaltis.

Na quenda de penaltis, os goles de Bule, Jauma, Fernando, Álvaro e Dudi; xunto cos paus da portería da grada numantina onde os xogadores do Carnoedo estrelaban dous disparos daban a vitoria do triangular o Numancia.

En resumo, vimos un As Pontes "B" moi renovado e con pouco rodaxe; pero sabemos que ten moi boas individualidades e un bo corpo técnico que tentará por todos os medios seguir formando rapaces e dar guerra na zona media - alta da 2ª Autonómica.

No Carnoedo sadense observamos un equipo veterano, rocoso, aguerrido. Un grupo de amigos que ten moi claro o que xoga, xa que o fai de memoria e que tentará acadar a permanencia na sua estrea en 1ª Autonómica.

Por parte do Numancia, vimos xa un equipo moito mais reconocible. Os 16 xogadores de modestos axudados por 3 xuvenís amosaron un bo nivel neste triangular; destacando a Bule e Teti pezas fundamentais na pasada temporada que hoxe completaron os 90 minutos. Chama tamén a atención a competencia na portería; onde Cristian e Puchi intentarán apretarán a Carlos para tentar roubarlle o protagonismo dos últimos anos.

Agradecer a visita do CD As Pontes "B" e a do Carnoedo de Sada para disputar con nós este Torneo Triangular do Numancia e desexarlles moita sorte para esta temporada 2013-2014.

En definitiva, nova proba nunha pretemporada que vai crecendo en intensidade. A próxima cita para o Numancia será o vindeiro fin de semana no cuadrangular do Torneo Concello de Ares que terá a seguinte programación:

SÁBADO 31 DE AGOSTO

17:30 EUME DEPORTIVO - GALICIA DE MUGARDOS "B"

19:30 ADR NUMANCIA DE ARES - ORILLAMAR CF ( A CORUÑA)

DOMINGO 1 DE SETEMBRO

17:30 3º E 4º POSTO

19:30 GRAN FINAL

Unha nova oportunidade para o Numancia de progresar na sua preparación e unha nova cita obrigada para os numantinos (que hoxe non foron moitos) de preparar a primeria marea vermella da temporada. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Para ler a crónica do partido publicada en voltaaria PICA AQUI

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.