AFECCIONADOS. TRIANGULAR NUMANCIA - CARNOEDO - AS PONTES B

CD As PontesAS PONTES B, UN EQUIPO RENOVADO.

Comezamos a presentación dos clubs que participarán no triangular deste sábado, 24 de agosto no campo de Prados Vellos. Iván Rodríguez, o adestrador das Pontes B presentará un equipo con moitos cambios.
 
 
Ares, 23 de agosto de 2013
O club de As Pontes, presidido por Jaime Castro, conta cunha masa social importante, aproximadamente uns 500 socios sustentan esta entidade que inscribe 13 equipos nas competicións federativas.
E un dos seus equipos, o As Pontes B, estivo a piques de conseguir esta última temporada o ascenso á Primeira Autonómica, loitando ata o último partido de liga pola primeira praza do grupo. Posteriormente, disputou a promoción de ascenso coma segundo clasificado e quedou eliminado precisamente contra o Carnoedo, un dos seus rivais neste triangular.
Sendo equipo de base, loxicamente ten unha función: a de promocionar aos xogadores que saen da canteira, aínda que non renuncian a nada no deportivo.
Continúa como adestrador, un ano máis, Iván Rodríguez, axudado por Paco López. Ambos dirixirán un plantel formado polos seguintes xogadores:
Porteiros: Iván e Cristian.
Defensas: Darío, Palas, Carlos,Totti, Rubén e Cabani. 
Medios: Nando, Guiller, Vila, Marcos, Álex, Dani, Juan e Vicente.
Dianteiros: Sergio, Javi, Borja e Adrián.
A metade do equipo son xogadores que se incorporan esta temporada ao equipo de segunda autonómica: Cristian, Rubén, Darío, Adrián, Álex, Dani, Sergio, Javi, Juan e Cabani.
Pola contra, as baixas foron estas: A. Antón, Cristian, Ferreiro, Narciso, Moya, David, Fermín, Criado, Nillo, Alberto e Púas.
En definitiva, un equipo en construción que botou a andar esta semana. Este sábado, fronte ao Numancia e ao Carnoedo, Iván terá ocasión de ir rodando o equipo.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.