AFECCIONADOS: Pretemporada G. DE MUGARDOS, 7 - NUMANCIA, 0.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2013-2014. G. Mugardos 7 - Numancia 0. A Pedreira 15/08/13.BO TRABALLO EN MUGARDOS

Partido amigable disputado na tarde do xoves no campo de A Pedreira en Mugardos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

 

 A Pedreira, 15 de agosto de 2013.

ALIÑACIONS

GALICIA DE MUGARDOS: Iñaki, Juancho, Priegue, Jorge Pérez, Jorge García, Coche, Kevin, Pablo Fuentes, Adri Planas, Canosa, Koki. Tamén xogaron: Marcos, Alexis, Rouco, Dieguito, Fran, Popo, Alex Amil e Nacho Paz.

Adestrador: Antonio López "Stili"

Axudante: "Ferchi"

Delegado: José Antonio

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Alberto, Amenedo, Darío, Paulo, Julio, Manu, Rubén, Fernando, Chapu. Tamén xogaron: Cristian, Jesús, Marcelo, Ángel e Martín.

Adestrador: Marcos Amor

Axudante: Manuel Cartelle

Delegado: Jose Antonio Couce

GOLES: Koki, Álvaro (pp), Popo, Pablo Fuentes, Dieguito, Kevin e Adri Planas.

ÁRBITRO: Alejandro Miño Pico, asistido por Rodrigo Serrano e Alberto Piñón. Sen incidencias.

Comezaba a pretemporada do Numancia este xoves festivo, soleado e caluroso. Para dar mostra da valentía dos habitantes aresáns, o primeiro partido do noso Numancia nesta tempada sería visitando a un equipo de Preferente Autonómica que se atopa as portas do comezo de Liga. O noso Numancia pola contra, ten aínda mes e medio para preparar o inicio ligueiro e a duras penas poido xuntar para este partido a 16 xogadores; coa gran axuda, claro está de 6 rapaces xuvenís que volveron a demostrar o seu compromiso e a súa valía suplindo con nota as ausencias de moitos xogadores senior por mor de lesións, viaxes, compromisos familiares...

Falando de fútbol, monólogo do Mugardos durante os 90 minutos. Os locais imprimiron un bo ritmo de circulación de balón e conseguían dous goles na primeira metade chegando ó descanso co resultado de 2 - 0. Bo traballo dos numantinos na primeira metade, bo esforzo dos presentes apretando a xogadores de maior categoría.

Na segunda metade o Galicia meteu un equipo practicamente novo; namentras o adestrador numantino Marcos Amor foi dando entrada paulatinamente os artistas xuvenís do Numancia. O maior fondo físico dos locais e o lóxico cansacio dos numantinos fixo que o resultado fora demasiado abultado para os méritos duns e dos outros. Tivo o Numancia algunha opción para anotar o gol da honra pero non houbo sorte.

En resumo, primeiros 90 minutos de xogo para este Numancia 2013-2014. Bo traballo defensivo e físico en Mugardos e gran demostración de compromiso e superación dos 16 xogadores que se desprazaron ata A Pedreira. Unha mágoa non poder contar cun maior número de xogadores para competir mais dignamente neste encontro; pero as circunstancias mandan.

O sábado ás 17:30 o Numancia mídese o Cultural Maniños na primeira semifinal do Torneo Industriales de Perlío que se disputará no campo de Os Pinares. O domingo xogará o 3/4 posto ou a final ante o Perlío ou o Rápido de Neda.

Mais minutos e mais partidos para seguir collendo ritmo e acoplando o equipo; principais razóns de ser das pretemporadas.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Para ler a crónica do partido publicada en Voltaaria PICA AQUI.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.