Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS: ARRANCA A TEMPORADA 2013-14
 
 

AFECCIONADOS: ARRANCA A TEMPORADA 2013-14

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2013-2014. Presentación. Prados Vellos 01/08/13.Onte a tarde botou a andar o balón en Prados Vellos. O adestrador do primeiro equipo, Marcos Amor, auxiliado por Cartelle, José Antonio Couce e José Ramón estaban citados en Prados Vellos ás 20:30 h. coa plantilla do primero equipo para dar comezó a pretemporada.

 

 

Ares, 2 de agosto de 2013.

Na xornada de presentación e de primeira sesión preparatoria estaban presentes os seguintes xogadores: Carlos, Putxi, Cristian, Dudi, Manu, Dani Cagide, Juanra, Alex Pita, Álvaro, Alex Garcia, Paulo, Rubén, Jauma, Chapu, Amenedo, Teti, Isma, Martín, Fernando, Rula, Juanlu, Julio, Antón e Jesús. Non puideron acudir a esta primeira cita por motivos laborais Bule, Javi e Alexmarti.

A xornada comezou cunhas palabras da directiva que deu paso á primeira sesión de adestramento da temporada, unha sesión breve e que serviu para o reencontro despois das vacacións.

Durante a primeira semana os adestramentos serán o martes, xoves e venres estando confirmado xa os primeiros encontros amigables:

O xoves, 15 de agosto, o Numancia visitará o campo de A Pedreira para enfrontarse o Galicia de Mugardos. E o fin de semana do 17 e 18, os de Ares desprazaranse ata Os Pinares para disputar o Torneo de Perlio.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.