Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. COPA DELEG. FERROL. NARAHÍO, 1 - NUMANCIA, 0.
 
 

AFECCIONADOS. COPA DELEG. FERROL. NARAHÍO, 1 - NUMANCIA, 0.

En Narahío, rematou a viaxe copeira.

O equipo de afeccionados quedou eliminado do torneo de Copa ó perder por 1-0 no campo de A Veiga fronte o Narahío que anotou nos últimos minutos do encontro sen dar tempo a reacción numantina.  Ó descanso chegouse con empae a cero nun partido moi trabado e con pouco xogo por ambos equipos.

 
A Veiga 26 de maio do 2013.

ALIÑACIONS

NARAHIO: Javi, Raúl, Julián (Alberto 55´), Noel, Casal (C) (David 85´), Ríos, Cesar (Borja 57´), Alejo, Roberto (Suso 67´), Xelo e Aarón.

Adestrador: Juan J. Del Río Fraga.
Delegado: Miguel Ángel Novoa Tuimil.

NUMANCIA: Carlos, Martín, Costa (C), Bule, Antón (Álvaro 85´), Teti, Adrián, Julio (Javi Enrique 64´), Fernando (Borja 27´), Alberto (Dudi 74´) e Chapu.

Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

COLEXIADO: Eduardo Pereira Dobarro. Amoestou a Raúl, Alejo e Aarón polo Narahío, e a Fernando e Chapu polo Numancia.

GOLES:

1 – 0: min. 89, Suso . Balón colgado ó pico esquerdo da área pequena dende a banda dereita donde Suso, entrando dende atras,  sorprende adiantandose ó seu marcador e ó meta visitantes Carlos.

 



Partido pouco vistoso o disputado en Narahío entre o conxunto local e o Numancia correspondente ós oitavos de final da Copa Delegación de Ferrol. O terreo de xogo de A Veiga, algo irregular, dificultou a circulación do balón provocando erros nos pases en ambos conxuntos.

Na primeira medate apenas se xerou perigo. As poucas  aproximacións locais remataban con disparon frouxos que saían fora ou neutralizaba a defensa visitante. Na área contraria máis do mesmo achegamentos escasos e pouco efectivos así como tres saques de esquina desaproveitados polos visitantes.

A maior parte do xogo baseabase en pelotazos e rexeites sen precisión con paróns no xogo por mor das moitas faltas cometidas por ambos bandos. Con este panorama o resultado tiña que ser forzosamente o empate a cero có cal chegaríase ó descanso.

A segunda metade amosou más ambición nos dous equipos e xogouse un pouco máis inda que ás imprecisións e interrupcións no xogo foron abundantes. Tampouco a balón parado foron quen de amosar perigo, dispuxeron ambos equipos de tres saques de esquina nos que non xeraron ningún perigo.

As poucas accións de certo perigo iniciaronse con un disparo de Borja no minuto 60, que dende tres cuartos de campo pon o balón na escadra dereita para que o meta local Javi poida lucirse enviando o balón á "corner". No minuto 71 a ocasión sería clara para o Narahío nos pes de Xelo quen dispara a porta despexando o balón Bule a saque de esquina. No 76 Ríos do Narahío adiantase a Carlos rematando e saíndo o balón preto do pau da meta visitante. Chapu disporía de outra clara ocasión no minuto 84 o rematar dende preto do pico esquerdo da área pequena cruzando en esceso o balón que sae ó rente do pau dereito da meta local.

Cando xa se daba por feito o empate e que chegaríamos os penaltis, unha xogada sen moito perigo por banda dereita do Narahío finaliza nun centro sen aparente perigo pero a entrada dende atrás de Suso permítelle a este adiantarse o seu marcador e ó meta visitante e empurrar o balón ó fondo da rede. Gol no minuto 89 que cae como un mazazo no equipo aresan que vese sen capacidade de reacción. De feito inda tería unha última ocasión o Narahío para anotar un segundo tanto pero unha dobre parada de Carlos evita o gol.

En resumo, encontro feo e trabado con pouco xogo i escasas ocasións donde o Narahío tivo a sorte de acertar cara a porta e que deixa fora da competición ó Numancia. Felicitar ó Narahio polo seu pase a cuartos de final e animar os Numantinos para sobrepoñerse a esta inesperada derrota.


Para ler a crónica do partido publicada en voltaaria PICA AQUÍ.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.