Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. COPA DELEG. FERROL. NUMANCIA, 1 - MANIÑOS, 1 (PP 3 - 1.
 
 

AFECCIONADOS. COPA DELEG. FERROL. NUMANCIA, 1 - MANIÑOS, 1 (PP 3 - 1.

Decidiuse nos penaltis.
O Numancia consegiu pasar á seguinte ronda da Copa ó eliminar o Maniños na quenda de penatis por 3-1 despois de  rematar o encontro con empate a un tanto. ó descanso chegouse con ventaxe local de 1-0.

 


Prados Vellos 19 de maio do 2013.

Nos prolegómenos do partido, o defensa local Alex COSTA, recibiu de mans de Alejandro Pérez, representante da adega Murillo Viteri, o premio coma xogador máis regular do mes de abril. Dende aquí reiteramos a nosa noraboa a o gañador.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Jauma, Costa (C), Darío, Teti, Adrián, Julio (Javi Enrique 70´), Martín Bouza (Miguelito 82´), Chapu e Fernando (Martín Pérez 65´).

Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
2º adestrador: Marcelino Martínez Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

MANIÑOS: Brage, Santi (Termi 55´), Adri, Andrés, Casteleiro (C), Iván (Josi 71´), Polo, Fonso, Cañoles, Diego Perlio (Mato 84´)e Jomaka (Dani López 46´).

Adestrador: Andrés Otero González
2º adestrador: Samuel Martínez González.
Delegado: Pedro Sanmartín García.

COLEXIADO: Alejandro Méndez Bouza. Amosoulle cartolina amárela a Jauma polo Numancia, e a Jomaka polo Maniños.

GOLES

1 – 0: min. 43, falta dende a esquerda do ataque numantino que saca Costa e que remata na área pequena Chapu.

1 – 1: min. 53, saque de esquina dende a dereita do ataque visitante que remata Iván entrando dende atrás.


Este foi a orde no lanzamento dos penaltis:

Maniños: tira Cañoles, deten Carlos o lanzamento (0 – 0).
Numancia: tira Costa, marca (1 – 0).
Maniños: tira Dani López, marca (1 – 1).
Numancia: tira Javi Enrique, marca (2 – 1).
Maniños: tira Josi, envía o balón fora (2 – 1).
Numancia: tira Jauma, marca (3 – 1).
Maniños: tira Andrés, deten Carlos o lanzamento (3 – 1).


 

 

Díronse na tarde do domingo en Prados Vellos todos os ingredentes dun partido copeiro. Tarde apacible para xogar, os locais, Numancia de 2ª automómica, fronte os visitante, Maniños de 1ª autonómica. Gol local preto do descanso, empate visitantes, ó pouco da reanudación e tramo final nadando e gardando a roupa esperando á lotaria dos penaltis. Para rematar co pase do equipo de inferior categoría na distancia da verdade.

Comezou o encontro con dominio visitante con algunha ocasión clara para ir pouco a pouco nivelándose as forzas. A loita principalmente se librou no medio do campo,  as xogadas de perigo viñeron todas a balón parado. Sería así como os locais conseguirían adiantarse grazas a unha boa falta executada por Costa que Chapu finaliza na área pequena. Con ventaxe de 1-0 chegaríase o descanso.
No segundo tempo o Maniños buscou o empate e voltou a xerarlle perigo a os locais. Sería grazas a un saque de esquina que remataría Iván metendo ós visitantes no encontro novamente e deixando un segundo tempo cheo de emoción.
O xogo seguía estando no medio do campo onde ambos equipos trataban de impoñerse e as defensas gañaban a partida ós atacantes con máis atrancos para os locais que cederon un pouco de terreo para non perder o control do encontro e buscaron ás contras o perigo. O xogo estaba parado por mor das moitas faltas por ambos bandos e chegados ós últimos 15 minutos parecía que sen renunciar a marcar, os dous equipos quixeran asegurar a lo menos o empate. Así con empate a un tanto chegaríase ó remate e na tanda de penaltis o acerto local foi pleno. Por un lado ó anotar os tres lanzadores Costa, Javi Enrique e Jauma batendo a Brage, e por outro Carlos que con duas paradas a tiros de Cañoles e Andrés que sumadas a un lanzamento fora de Josi  deixou inútil o tanto de Dani López.
En resumo partido entretido tipicamente copeiro onde hay que felicitar a ambos equipos polo xogo ofrecido e salientar a boa actitude do equipo local onde a presenza de xogadores xuvenís lonxe de lastrar o xogo, fixeron un moi bo encontro ben arroupados polo resto de xogadores. Ahora toca xogar contra o Narahío, equipo de igual categoría e que en copetición ligueira deixou a vitoria aresana por (0-3) na vista ó campo de A Veiga i un empate na volta (1-1) no partido de Prados Vellos.

Para ler a crónica do partido publicada en voltaaria PICA AQUI.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.