AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - G. CARANZA, 1.

Remontada para rematar a liga en Prados Vellos con vitoria

Último encontro de liga do Numancia en Prados Vellos a falta de tres xornadas que rematou con vitoria local fronte o Galicia de Caranza por 3 - 1. Ó descanso chegouse con vitoria visitante por 0-1.


Prados Vellos 14 de abril de 2013

Partido correspondente á vixésimo setima xornada de liga da segunda autonómica ferrolá. Antes do comezo do partido os equipos do Galicia de Caranza e Numancia de afeccionados rendían homenaxe, facendo o pasillo ao equipo prebenxamín do Numancia de Ares, que a pasada semana se proclamaba campión do Grupo 2 de liga. Sen dúbida unha imaxe e unha homenaxe que os rapaces nos esqueceran na súa vida. Noraboa CAMPIÓNS.

Seguidamente Teti recibiu de mans de Alejandro Pérez, representante da adega Murillo Viteri, o premio coma xogador máis regular do mes de marzo. Dende aquí damos a nosa noraboa a o gañador.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos, Álvaro (Juanlu 70´), Costa (C), Antón, Darío (Manu 46´), Martín, Adrián (Fernando 57´), Teti, Julio, Javi e Javi Enrique (Alex Pita 46´).

Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

G. CARANZA: Jose, Iván, Pedro, Roberto (Sergio 73´), Israel, Chechu (C), Jorge (Aitor 67´), Dani, Juanillo (Jesús 42´), Borja (Rafa 67´) e Oskitar.

Adestrador: José Francisco Insua Beade.
Delegado: Alberto Tojeiro Candales.

COLEXIADO: David Sierra Pereira. Amoestou a Manu do Numancia e a Borja e Oskitar do Caranza. Expulsou a Dani, a o adestrador, e o delegado do Caranza.

GOLES

0 – 1: Oskitar (min. 43), incursión de Oskitar pola esquerda con entrada en diagonal cara a porta para batir a Carlos na súa saída cruzando o balón.

1 – 1: Javi (min. 50),  penalti executado por Javi a dereita do meta Jose quen rexeita o balón. O rexeite rematao á rede novamente Javi.

2 – 1: Javi (min. 53),  pase de Adrián dende medio campo a Alex Pita que entra pola esquerda do ataque, centro de este último para que Javi anote entrando en carreira dende atrás e cruzando o balón na saída  do porteiro.

3 – 1: Julio (min. 80), pase de Javi dende medio campo para que pelexe o balón Alex Pita e consiga ceder preto da frontal da área a Julio quen consigue anotar ante a saída do meta visitante.

 



Na primeira medate o conxunto de Caranza foise facendo co partido de menos a máis. Ainda que as ocasión claras por ambos bandos foron escasas a sensación de perigo chegaba dos pes dos ferrolán con pases dende medio campo ás bandas donde a rapidez e habilidade do seu extremo esquerdo xeraba moitas dificultades a defensa aresana.  Con todo non se concretaban as xogadas quedando todo en balóns sen moito perigo para os porteiros.


Destacar no minuto 34 un centro dende a esquerda de Javi que Julio remata preto do segundo pau rexeitando o porteiro, rexieite que  Teti non aproveita sacando o perigo o meta visitante novamente. Por parte visitante a xogada máis clara de perigo foi un disparo de Borja no 42 que se vai preto do pau esquerdo da meta de Carlos.


Cando parecía que finalizaría o primeiro tempo en tablas, unha entrada por banda esquerda do Galicia de Caranza no minuto 43 permite adentrarse na área a Oskitar e batir de disparo cruzado a Carlos establecendo o 0 - 1.


Remataba así unha primeira metade donde os locais nunca se atoparon cómodos no terreo de xogo e donde se erraba na elección da opción axeitada para rematar as xogadas.

Na segunda metade os localis mudaron de táctica e aproveitaron mellor ás bandas con a entrada de Manu e Alex Pita. Así no minuto 49 un balón en longo dos locais permite a Manu adentrarse na área finalizando a xogada en penalti tras derubalo un defensa visitante a creiterio do colexiado. Penalti riguroso que finalizaría no gol do empate obra de Javi tras erro inicial e remate posterior do rexeite do meta visitante Jose.


Esta xogada desconcentrou ós visitantes e deu folgos ós locais que tres minutos máis tarde anotarían grazas a unha boa xogada iniciada por Adrián no medio campo que pon un balón en banda esquerda para a chegada de Alex Pita quen despois de desfacerse do seu marcador cede cara á área aproveitando o pase Javi quen chegaba en carreira e cruzaba á dereita da saído do porteiro.


Os locais melloraron na toma de decisións e puxeron máis perigo nesta segunda metade. No minuto 61 producese outro dos momentos decisivos ó resultar expulsado o xogador Dani Zapa e os adestradores dos visitantes. O Galicia seguiu cada vez máis fora do partido e o Numancia non perdeu a concentración. Así no minuto 80 un pase de Javi dende medio campo o pelexa Alex Pita e consigue ceder ó borde da área a Julio quen resolve anotanto o 3 - 1 definitivo.

En resumo partido disputado con mellor disposición dos visitantes na primeira metade e segundo tempo de caracter dos locais que foron quen de meter máis intensidade no xogo de ataque e aproveitar as ocasións. Salientar a presencia unha vez máis de xogadores xuvenís como Adrián, Alex Pita e Darío e a actitude do equipo sobre todo no segundo tempo.

Este era o último encontro de liga en Prados Vellos xa que agora tocan tres desprazamentos difíciles, Cariño, San Sadurniño e Mugardos,  pero donde hay que tentar seguir sumando para quedar o máis alto posible na tabla.

Para ler a crónica do partido publicada na web do Galicia de Caranza PICA AQUI.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.