AFECCIONADOS. A CAPELA, 3 - NUMANCIA, 3.

EMPATE QUE SABE A POUCO.

Un tempo para cada equipo no partido correspondente á xornada 24 de liga entre A Capela e Numancia e que finalizou con repartición de puntos. A o descanso o resultado era de 2 – 1.


Os Calzados (A Capela) 17 de marzo de 2013.

ALIÑACIONS

A CAPELA: Jorge, Santi, Poli, Marcos Rodríguez, Noel (C) (Tino 50´), Marcos Martínez, Iván, Mauro (Purriños 44´), Alex (Diego 80´), Telmo e Raúl.
Adestrador: Javier López Franco.
Delegado: José Luís Pereira Permuy.

NUMANCIA: Carlos, Jauma (Juanlu 80´), Costa, Bule (C), Antón, Teti, Martín (Fernando 73´), Julio (Álvaro 68´), Dudi (Borja 46´), Javi Enrique e Chapu.
Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
2º adestrador: Marcelino Martínez Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

COLEXIADO: David Brito Regadera. Mostroulle tarxeta amarela a Marcos Rodríguez, Purriños, Marcos Martínez e Iván por A Capela, e a Jauma e Fernando polo Numancia.

GOLES:

0 - 1: min. 1, balón en longo de Jauma á área local, Chapu gáñalle a partida a Jorge e marca para os de Ares.

1 - 1: min. 15, balón en longo por banda dereita que gaña as costas da defensa numantina, Iván faise co esférico, internase polo lateral e marca de disparo cruzado.

2 - 1: min. 44, contraataque por banda esquerda da Capela con centro ao punto de penalti, Antón falla no rexeitamento, o balón queda morto nos pés de Iván que non perdoa.

2 - 2: min. 49, balón colgado á área que controla Chapu de costas á portaría, entre trompicóns e a oposición dos defensas consegue meter o pé e enviar o fondo da rede.

2 - 3: min. 54, córner que bota o Numancia e remate de cabeza de Teti axustado á base do pau.

3 - 3: min. 58, balón ás costas da defensa numantina sobre Alex que supera por alto unha mala saída de Carlos.

 



Comezaba ben o partido para os de Ares, pois aínda non transcorrera o minuto de xogo e Chapu adiantaba os visitantes. Nos primeiros momentos do partido eran os de Ares os que poñían a carne no asador levando moito perigo á área do Capela. Así aos catro minutos, era Julio cun disparo dende tres cuartos de campo, que se estrela no longueiro, o que volvía meter o medo no corpo aos locais. Pero a medida que corría o reloxo, foi o conxunto local o que se foi metendo no partido, ante un Numancia que se diluía pouco a pouco. Dous avisos consecutivos do Capela, foron os prolegómeno do empate para os locais ao cuarto de hora de partido. No que restou de primeira metade foi o equipo local o que máis achegou ao encontro ante un Numancia que trataba de reaccionar á contra pero ao que lle faltou profundidade. Coa primeira metade prácticamente rematada, un erro de Antón nun rexeitamento no área habilita o balón para que Iván remache o fondo da rede e adiante aos locais. Co resultado de 2 - 1 iriámonos ao descanso.

A segunda metade comezaba de forma trepidante, pois en apenas quince minutos chegarían tres novos goles. A os cinco minutos da reanudación empatarían os de Ares por medio de Chapu, e pouco despois Teti adiantaríaos no marcador. Pero apenas uns minutos máis tarde Alex poñería de novo a igualada. Nesta segunda metade cambiarían os papeis, o Numancia amosaría mellor cara que nos primeiros corenta e cinco minutos sendo claramente os que levarían o peso do xogo ante un Capela repregado e tratando de saír con balóns en longo. Serían varias e merecidas as ocasións creadas polos de Ares para facer subir algún gol máis á o seu casilleiro, pero a falta de puntaría dos dianteiros e algunhas boas intervencións de Jorge impediríano. Ao final o marcador permanecería inamovible no 3 – 3. Un punto que sabe a pouco, e que non contentou a os de Ares, que se lamentaban das boas ocasión desaproveitadas nos últimos vinte minutos de partido.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.