Inicio Noticias Afeccionados Afeccionados: Miño, 1 - Numancia, 0
 
 

Afeccionados: Miño, 1 - Numancia, 0

A.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2012-2013. Miño - Numancia.  Gallamonde.Pouco fútbol.

Derrota por 1 a 0 do equipo de afeccionados na súa visita a Gallamonde donde se viu superado por un Miño con máis efectividade que xogo.

 

Gallamonde(Miño), 3 de marzo de 2013

Aliñacións:

Miño: Benito, Lata, Guille (Roberto 88'), Samer, Luis, José Manuel, José Miguel (Sergio 59'), Miguel (Buyo79'), Bruno (David 68'), Dani e Nando (Iago 62')

Adestrador: Miguel Ángel Mahía Rodríguez
2º Adestrador:---
Delegado: José Manuel Bouza Gómez

Numancia: Carlos, Martín (Jauma 66'), Alex Marti, Costa, Antón, Teti, Manu (Álvaro 69'), Bule, Chapu (Borja 66'), Javi Enrique e Alex Pita (Juanlu 85').

Adestrador:Francisco Javier Bardanca García
2º Adestrador: Marcelino Martínez Fuentes
Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: Manuel Bejarano Estepa amosou cartóns amarelos para o local, Sergio e  para o adestrador visitante así como para Teti, Antón, Alex Marti e Javi Enrique.

Goles: Miguel para o Miño.

1-0 (16') Miguel. Balón ás costas da defensa por banda esquerda que controla Dani quen consegue gañar a liña de fondo e poñer un centro para que entrando dende atrás Miguel remate o primeiro e único tanto da tarde.

O encontro presentabase con un Numancia esperando ó Miño en tres cuartos de campo e dificultando a saída de balón do conxunto local. Os locais non atopaban a forma de sair con o balón controlado e recurriron o desplazamento en longo cara sobre todo á banda esquerda donde Dani amosou perigo.
No minuto 16 nun roubo da defensa permite poñer ós locales un balón en longo cara a banda esquerda para que Dani gañe o seu par, sirva un balón á área donde Miguel non perdoa e anota adiantandose a defensa e porteiro visitante.
A partir do gol o encontro foise durmindo por parte do Miño que relentizaba o xogo ó máximo conseguindo sacar do encontro ó Numancia. Con o resultado de 1 a 0 chegouse o descanso con apenas ocasións claras por ambos bandos.
A segunda metade foi moito peor que a primeira, o Miño xogou as súas bazas, alongando no posible os tempos mortos e facendo que os visitantes non se meteran de cheo no encontro. Os locais defendianse con orde e  buscaban o perigo en contras. Os visitantes tentaban xogar pero non acadaban xogadas coa claridade suficiente para  poñer en apretos ó rival.
En resumo, partido con pouco fútbol e demasiado tempo có balón parado, donde o Numancia quixo e non puido e o Miño rendabilizou ó máximo ás ocasións.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.