AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - NARAHÍO, 1.

SEGUIMOS NA BRECHA

Partido correspondente a 21ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do domingo ante 200 valentes espectador@s de ambos equipos que desafiaron ó frío invernal.


Prados Vellos 24 de febreiro do 2013.

ALIÑACIÓNS.

NUMANCIA: Carlos, Martín, Alexmarti, Antón, Costa, Bule (C), Manu (Jaime 45´), Julio (Dudi 57´), Javi Enrique, Javi e Chapu.
Adestrador: Francisco Javier Bardanca.
2º adestrador: Marcelino Martínez.
Delegado: Luís Casás.

NARAHIO: Javi, Raúl (Grandal 70´), Julián, Noel, Ignacio (C), Rios (Alberto 56´), Cesar, Alejo, Fornos, Alex e Borja.
Adestrador: Juan J. del Rio.
Delegado: Miguel Ángel Novoa.

COLEXIADO: José Luís Corral Franco. Amosoulle cartón amárelo a Manu, Julio, Martín, Javi e Alexmarti polo Numancia, e a Raúl, Alejo, Julián, Alberto e Alex polo Narahío.

Medíanse en Prados Vellos o noso Numancia que esta a loitar por dar alcance as primeiras posicións da clasificación e o Narahío, que pelexa semana tras semana por escapar dos postos perigosos da táboa. Tocaba pois que o Numancia collera o papel de favorito no partido, levara o peso do encontro e buscara a vitoria ante un equipo aguerrido e mais defensivo. Sabedores deso, ós técnicos aresáns sacaron unha aliñación bastante ofensiva, con 4 defensas, 1 mediocentro defensivo e 5 xogadores de ataque para crear fútbol e ter calidade e efectividade nas xogadas ofensivas. Esa era á idea (que non saíu moi ben) ante un equipo visitante que plantexou un partido físico, cun forte sistema defensivo, tendo como armas ofensivas os contraataques e os balóns longos sobre a súa estrela e un dos mellores dianteiros da categoría, Alberto Fornos.

Con este panorama comezou o encontro cun Numancia dominador que chegou durante a primeira metade en dúas ou tres ocasións claras a meta do porteiro visitante. Non atoparon o gol ós numantinos nin tampouco o Narahío que tamén tivo as súas opcións, aproveitando os despistes e as concesións da zaga do Numancia. Por sorte para os porteiros dos dous equipos o resultado ó descanso foi de empate a cero goles. Moito máis frío que fútbol en Prados Vellos nesta primeira metade.

No segundo tempo saíu de inicio Jaime, xogador numantino cunha alta calidade técnica individual, sen dúbida dos mellores da categoría nesta faceta e dos mais desequilibrantes. Unha acción individual súa rematou cun pase o goleador do Numancia, Javi Rubio que dende 30 metros lanzaba un bo disparo que batía o porteiro visitante; conseguindo o 1 - 0 no minuto 60 do partido. Despois do gol numantino, o partido entrou nunha fase de centrocampismo; ata que no minuto 70 os visitantes colgan un balón á área numantina; a indecisión de Carlos e da defensa local facilitan que o balón quede morto na área, sendo Alex o máis avispado para empurralo o fondo das mallas conseguindo o 1 - 1 no marcador.

Non valía o empate para ó Numancia, non podía perder dous puntos na casa ante un rival da zona baixa. Nos últimos 20 minutos do encontro o Numancia buscou a vitoria. Buscouna con máis intensidade que fútbol. Non existiu profundidade nin amplitude no xogo dos vermellos. Pola contra, os melóns... perdón os balóns colgados a Chapu, Javi Enrique e Javi Rubio eran prácticamente a única opción ofensiva dos de Ares. Non foron quen os atacantes numantinos de facer gol dese xeito na portería visitante grazas tamén o bo facer do meta do Narahío. Un Narahío que na última fase do partido realizou unhas cantas entradas ó límite do regulamento. Había moito en xogo e o partido quentouse. Houbo 10 minutos no que os xogadores (especialmente os do Numancia) non sentiron ó frío nas suas pernas e nos que Corral Franco tivo que empregarse a fondo cos cartóns amarelos para que a cousa non pasara a maiores. Incluso había quen pedía que amosara tamén o vermello pero o colexiado non o considerou convinte. Entre patadas, piques, protestas, ansiedade e ocasións erradas foron pasando ós minutos. No tempo engadido tivo o Narahío varias ocasións claras de levarse tamén o partido. Son as cousas do fútbol, o Numancia perdonou en exceso e estivo a piques de quedarse sin tan sequera cun punto. Rematou o encontro co empate xa sabido que sen dúbida deixou moito máis contentos ós visitantes que ós locais.

Un empate que serve ó Numancia para rematar a xornada na 5ª posición, a 3 puntos do 2º clasificado o Miño e a 4 puntos do líder, o Rápido de Neda. Deberá mellorar moito ó Numancia neste tipo de partidos, encontros nos que os equipos rivais ceden a iniciativa ós numantinos; e nos que sen dúbida os nosos xogadores non se atopan cómodos. Tampouco hai que lamentarse moito xa que como reza o título da crónica seguimos na brecha. E si algo demostraron este grupo de 20 xogadores aresanos, a maioría deles sub 23 e que loitan polo escudo e defenden a camisola vermella con orgullo e sacrificio (agás no Carnaval aresán) e que non se arrugarán nin nos partidos mais "fáciles" nin nos enfrontamentos directos que restan ata final de temporada. Quedan 9 partidos, 9 finais nas que os nosos xogadores necesitan o apoio masivo dunha afición que está respostando coma sempre de maneira excepcional.

O próximo domingo, o Numancia enfróntarase no Municipal de Gallamonde en Miño ó conxunto local, 2º clasificado nestos momentos, soamente 3 puntos por riba do noso Numancia. Unha final, un partido que pode ser clave para o futuro numantino nesta 2ª Autonómica tan emocionante. Estamos seguros que os xogadores deixarán a pel polo escudo do Numancia; e tamén de que a MAREA VERMELLA invadirá Miño e se deixará a gorxa animando ós rapaces e non tan rapaces numantinos.

Coa cabeza alta toca.... seguir pelexando. ¡¡¡ÁNIMO RAPACES¡¡, recordade que... ¡¡¡SEGUIMOS NA BRECHA¡¡¡ Vémonos en Miño TOD@S ó domingo.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.