AFECCIONADOS: ORTIGUEIRA, 3 - NUMANCIA, 0.

UN NUMANCIA PATÉTICO

Partido de pachanguita de praia o que disputou o Numancia este pasado fin de semana fronte ao Ortigueira. Do peor do visto na tempada.


Morouzos 17 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

ORTIGUEIRA: Pazos, Javi, Pablo Breijo (C), Víctor Armada (Rodrigo 51´), Camilo, Diego Aneiros, Alberto, Josiño (Borjita 70´), Junior, Pita (Borja 55´) e Aitor (Adrián 61´).
Adestrador: Rubén Pardo
Delegado: Vicente Porta.

NUMANCIA: Carlos (Putxi 85), Martín (Jauma 58´), Bule (C), Antón, Alexmarti, Teti, Dudi (Julio 58´), Javi, Manu (Fernando 65´), Javi Enrique (Álvaro 76´) e Chapu.
Adestrador: Francisco Javier Bardanca.
2º Adestrador: Marcelino Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce.

ARBITRO: David Brito Regadera. Amoestou con cartolina amárela a Josiño, Pablo Breijo, Camilo e Pazos polo Ortigueira, e polo Numancia a Martí, Javi Enrique e Fernando.

Partido disputado no campo de Morouzos cun terreo de xogo brando e con moitas irregularidades que non permitía a condución do balón con garantías. O Ortigueira optou por un xogo práctico, sen complicacións atrás, botando os balóns fóra á primeira e a correr. Os de Ares, lentos, pouca contundencia e complicándose a vida atrás, no centro do campo perdidos, e sen referencia en ataque.

1 - 0: min. 8, balón colgado á área ao que Carlos sae de puños levándose por diante a dous compañeiros, os tres quedan tendidos no chan, o balón cae na frontal da área preto dos pés de Alberto que só ten que elevala lixeiramente para marcar a porta baleira.

Min. 12 Remate cruzado de Dudi que sae pegado ao pau. Este foi o primeiro e único remate a porta dos de Ares con certo perigo en toda a primeira metade.

2 - 0: min. 40, saída dende atrás por banda esquerda con pase de Carlos sobre Bule quen ante a presión dun dianteiro cede a frontal sobre Alexmarti, éste complícase a vida el soíño ante Pita quen lle rouba o balón, o dianteiro ortegano deixa sentado a Alexmarti e a Martín, ultimo defensor, para encarar a Carlos e coarlla entre a pernas. Regalo da zaga aresana.

Dous minutos despois do gol e precedida dunha nova perda de balón dos de Ares, este chega a Pita que dispara cruzado pero o balón vaise pegado á cepa do pau. A raíz do segundo gol os de Ares totalmente perdidos. Bueno, perdidos realmente estiveron todo o partido.

Min. 55 á saída dun córner a favor do Ortigueira en xogada de estratexia, forte disparo de Alberto dende a frontal que toca lixeiramente Carlos, o balón estrelase no longueiro e sae fóra. Saque do novo córner, ao que os de Ares non están atentos, nesta ocasión en curto sobre Rodrigo, disparo envelenado déste dende o lateral da área que Carlos de sensacional estirada volve enviar a córner.

3 - 0: min. 67, nova perda de balón dos de Ares en tres cuartos de campo propio, o balón chega a Adrián pegado á banda, donde deixa sentado a Antón, con potencia e velocidade sácalle as pegatinas a Alexmarti, intérnase cara o lateral da área para encarar a Carlos, pero en lugar diso pon un pase paralelo para a entrada en solitario de Borja quen a controla e marca a pracer sen ningunha oposición.

Min. 80, primeira, única, e clara ocasión para os de Ares neste segundo período, pero Chapu só diante do porteiro non define.

Isto foi o que deu de si un partido que se levou xustamente o Ortigueira sen facer nada especial nin extraordinario. O único que fixo, foi correr máis que o rival e pelexar os balóns.

Estes son algúns comentarios que se deixaban escoitar na bancada: ¡¡¡e estes foron os que nos meteron seis alá!!!,. ¿Pero estes xogaron ao fútbol algunha vez?. Sei que soamente son comentarios, como outros moitos, pero ben é certo que no día de hoxe non estaban moi desencamiñados.

Que cada quen saque as súas propias conclusións.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.