AFECCIONADOS: NUMANCIA, 3 - ANIMAS, 2.

O NUMANCIA VENCEU PERO NON CONVENCEU.

A os de Ares costoulles traballo dobregar a un Ánimas en inferioridade numérica dende o minuto vinte.

 


Prados Vellos 10 de febreiro de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos, Martín, (Álvaro 67´), Costa, Alexmarti, Antón, Teti, Manu (Fernando 70´), Bule (C), Javi Enrique (Juanlu 88´), Javi e Julio (Pita 60´).
Adestrador: Francisco Javier Bardanca
2º adestrador: Marcelino Martínez.
Delegado: José Antonio Couce.

ANIMAS: Iván Díaz, Ángel, Anxo (Rafa Araoz 62´), Sergio, Villalba, Kenneth, Morocho, Casas, Iban Balaguer (Manuel 79´), Rafa Martínez (C) e Popi.
Adestrador: Miguel Ángel Ramos.
Delegado: Andrés García Corral.

COLEXIADO: Eduardo Pereira Dobarro. Amonestou a Bule e Pita polo Numancia e a Iban Balaguer e Rafa Martínez polo Ánimas. Expulsou a Iván Díaz. 

GOLES:

0 – 1: Iban Balaguer (min. 6)

1 – 1: Javi de penalti (min. 21)

2 – 1: Julio (min 53).

3 – 1: Javi (min. 77).

3 – 2: Casas (min. 83).

Antes de dar comezo o partido fíxose entrega do trofeo Murillo Viteri ao xogador máis regular do mes de xaneiro. Neste ocasión o agasallado foi o dianteiro Javi “Rubio”, a o que desde aquí damoslle os nosos parabéns. Fixo entrega do Trofeo Manel Pérez, representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, o cal estaba acompañado do eu fillo Alejandro.

 

 



Comezaba o partido con tenteo por parte dos dous equipos e unha primeira ocasión para Teti en xogada persoal por banda esquerda que non define diante de Iván Díaz. Dous minutos despois e en claro fallo de marcaxe local, balón ás costas da defensa sobre Iban Balaguer que encara a Carlos dríblao e marca a porta baleira para adiantar ao Ánimas (0 - 1), transcorreran seis minutos de partido. Pouco máis viuse en Prados Vellos nos seguintes minutos posto que ningún dos dous equipos foi quen de tomar o control do partido. No minuto vinte Costa de falta dende o medio do campo colga o balón á área, despois dun rexeitamento o balón chega a Javi que encara a Iván Díaz e éste o derruba en clara ocasión de gol. O colexiado decreta a pena máxima e expulsa ao cancerbeiro visitante. Popi ocupa o posto do recén expulsado Iván Díaz. Javi executa o penalti e empata o partido (1 - 1). Teóricamente as cousas poñíanselle de cara para os de Ares posto que quedaban en superioridade numérica e aínda quedaban moitos minutos por disputar. De aquí ao final da primeira parte pouco ou nada ofreceu ningún dos dous equipos, a excepción dun disparo de Manu que marchou alto. O Numancia empurraba pero un Ánimas ordenado atrás abortaba a práctica totalidade do xogo de ataque local. Tratou o Ánimas de saír nalgunha xogada de contraataque pero apenas pasaban de tres cuartos de campo. Ao final marchouse ao descanso con empate a uns.

A segunda metade comezaba de novo cun Numancia que empurraba e un Ánimas encerrado á defensiva. No minuto cincuenta e tres Julio adiantaba aos de Ares dun saque de esquina moi pechado que sorprende o porteiro local que nada pode facer por evitar o gol (2 - 1). Este gol abriu un pouco máis o partido posto que o Ánimas deixou o seu aletargamento e foi algo máis descarado ao contragolpe. Aínda así pouco fútbol viuse en Prados Vellos, foi un partido frio, como fría foi a tarde en Ares, imprecisións, fallos nos pases, balóns en longo que se perdían, poucas combinacións entre liñas e patadón foi a tónica xeral. No minuto setenta e sete chegaría o terceiro para os de Ares despois dun lanzamento maxistral directo de Javi (3 - 1). Este gol daba tranquilidade á parroquia local, e que tal como se estaban a desenvolver os acontecementos podería ser o que mataba o partido. Pero nada máis lonxe da realidade, o Ánimas non renunciou a nada e seis minutos despois acurtaba distancias. Centro ao primeiro pau co que queda Casas, de costas á portaría, báixa o balón, escóndeo e protéxeo ante tres defensas, nin Costa, nin Antón, nin Alexmarti son quen de meter o pé para arrebatarllo ao dianteiro ferrolano que se dá media volta e o coa entre o pau e o gardameta local, (3 - 2). Este gol deu máis ás a un Ánimas que vendo as súas posibilidades optou por ir descaradamente a polo empate, premindo e creándolle moitos problemas a un Numancia que rematou pedindo a hora.

En resumo mal partido dun Numancia que non soubo xestionar o xogo fronte un Ánimas en inferioridade numérica dende o minuto vinte e que lle botou algo máis de casta.

Con esta vitoria os de Ares colócanse segundos na táboa. Clasificación moi apertada posto que do primeiro ata o sexto clasificacado tan só hai dous puntos de diferenza. Os de Ares o próximo fin de semana desprázanse a terras orteganas para enfrontarse ao Ortigueira nun duelo de rivalidade directa polas primeiras prazas, posto que o equipo ortegano tan só esta un punto por debaixo do Numancia. Esperemos que os de Ares amosen mellor xogo que no partido de hoxe.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.