AFECCIONADOS. AFACO - AFAFE

UNHA ENTRADA, UN XOGUETE

Organizado a iniciativa da delegación de fútbol de Ferrol, este venres, 4 de xaneiro, disputarase en Ferrol, ás 20.30 h. no campo da Gándara 2, un partido benéfico que procura a recollida de xoguetes, en colaboración coa asociación Dignidad Ferrol. Lembramos que se trata de que cada asistente ao encontro entregue un xoguete na entrada do campo.
 
Ares, 2 de xaneiro de 2013
 
Nestes tempos de continuos recortes agradeceríase a máxima colaboración dos afeccionados futbolísticos da comarca ferrolá, que poderán observar con toda seguridade un bonito partido no que participarán xogadores de todos os clubs de segunda e terceira autonómica da delegación ferrolá. E todo este espectáculo, a cambio tan só dun xoguete e, o máis importante, da enorme ilusión e alegría dos nenos e nenas que non quedarán sen a visita dos Reis Magos.
 
O Numancia estará representado neste evento por un xogador que é todo un símbolo da entidade, por calidade e por fidelidade ao club: JAVI RUBIO. Xunto a el estarán os outros xogadores convocados pola AFACO, tras consulta aos adestradores Iván (CD As Pontes) e José Carlos (CD Rosalía):
 
ADC A CAPELA: Noel Rodríguez Doce (NOEL) e Telmo García Pérez (TELMO)
SAN MATEO CF: Bruno Díaz García (BRUNO)
FC ORTIGUEIRA: Pablo Breijo Caruncho (PABLO BREIJO)
CD CARIÑO: Rubén Fraguela López (NES)
UD NARAHÍO: Ignacio Rodríguez Casal (CASAL)
CD SAN SADURNIÑO: Amaro Miguel Montero (AMARO)
SD RÁPIDO DE NEDA: Agustín Romero Hermida (AGUSTÍN)
AD MIÑO: José M. Díaz Castiñeira (CHEMA)
GALICIA DE MUGARDOS "B": Joaquín Fernández Abeal(JOAQUÍN) 
CD AS PONTES "B": Óscar Barro Fernández (PUAS) e (MARCOS NOVO)
SD BARALLOBRE: Ricardo Borja Barro Fernández (PINCHO)
XUVENTUD FC CABANAS: Pablo Casal Buyo (PABLO CASAL)
MONFERO CF: José Manuel Ares Pérez (PICOS)
SD VALDOVIÑO: Víctor Manuel Golpe Castro (VITUCO)
ESTRELLA CF: Jaime Cerdido Penabad (JAIME)
AD MOECHE: Daniel Rodríguez Pernas (DANI)
UD CEBARCA: Fabio Breijo Aneiros (FABIO)
CD ROSALÍA: (DIEGO MESÍA) e (DAVID LÓPEZ)
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.