Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - CARIÑO, 3.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - CARIÑO, 3.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2012-2013. Numancia 1 - Cariño 3. Prados Vellos 16/12/12.O CARIÑO ACABOU COA BOA RACHA DOS DE ARES.

Partido frouxo dos pupilos de Fran Bardanca que sucumbiron ante un Cariño que lle botou máis casta ao partido.


 Prados Vellos 16 de decembro de 2012

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos, Martín (Álvaro 79´), Costa, Alexmarti, Antón (Juanlu 79´), Teti, Javi Enrique, Javi, Manu (Fernando 64´), Jaime e Jauma (Dudi 46´).

CARIÑO: Iago, Manu, Manuel (Jona 47´), Wil, Aneiros, Alvelo (Ángel 90´), Rober, Nilis, Nes, Adán (Alex 62´) e Dani (Pifo 72´).

COLEXIADO: Daniel Barrera Lourido. Amoestou a Jaime, Costa e Javi polo Numancia e a Aneiros, Rober e Manu polo Cariño.

GOLES:

0 - 1: min. 11, entrada por banda esquerda do Cariño con pase á frontal da área que os de Ares non acertan a despexar, o balón chega a Nes que bate a Carlos de forte disparo.

1 - 1: min. 12, Manu de lanzamento de libre directo raso que se lle coa ente as pernas a Iago.

1 - 2: min. 79, saque de falta dende o círculo central que colgan á frontal da área, Jona prologa de cabeza, o balón chega a Alex quen a baixa dase media volta e de forte disparo bate a Carlos.

1 - 3: min. 85, rápido contraataque por banda esquerda de Alex quen pon un balón ao segundo pau para que Nes de media espora envíe o fondo da rede.

 



Primeira metade de fútbol rápido e intenso por parte dos dous equipos que levaron nos primeiros vinte minutos perigo ás respectivas áreas rivais. Mediada a primeira metade os de Ares foron perdendo intensidade ante un Cariño moito máis metido no partido, imprimindo moito máis ritmo ao xogo, coas ideas máis claras e moito mellor situado no terreo de xogo. O Numancia deu moitas concesións no centro do campo ao rival, o que lles facilitou que estes tivesen máis a posesión e chegasen con máis perigo. Aínda así ao Cariño faltoulle puntaría entre os tres paus, o gardameta aresano malia as chegadas visitantes poucas intervencións tivo, pois os disparos maioritariamente fóronse fóra. Ao descanso chegaríase con empate a uns.

Na segunda metade os de Ares saíron con outra cara ao terreo de xogo e o Cariño xa non xogou con tanta comodidade. Nesta segunda metade o partido estivo máis igualado, mesmo os de Ares levaron durante uns quince ou vinte minutos o peso do encontro. Pero cando mellor o estaban a facer os locais chegou a mazada do segundo gol, nun claro erro defensivo. Este gol fixo moito dano aos de Ares porque o encaixaron cando mellor o estaban a facer. Aínda así intentaron a remontada, pero os fallos defensivos agudizáronse, as forzas xa estaban bastante diezmadas, e un Cariño letal á contra sentenciou o encontro poucos minutos despois co terceiro gol.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.