Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - SAN MATEO, 1.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - SAN MATEO, 1.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2012-2013. Numancia 3 - San Mateo 1. Prados Vellos 02/12/12.OS DE ARES HOXE TIVERON A SORTE DE CARA.

Un San Mateo explosivo perdoou na primeira metade e finalmente deixouse os puntos en Prados Vellos.

 


Ares 2 de decembro de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Carlos, Álvaro (Julio 72´), Costa, Alexmarti, Antón, Dudi, Martín, Bule, Teti, Javi (Juanlu 86´) e Javi Enrique (Manu 65´).

SAN MATEO: David, Pablo, Jorge (Pacheco 63´), Jose (Jorge 56´), Kuman, Turu, Iago (Nene 63´), Rubén (Rubo 56´), Milinko, Diego e Bruno.

COLEXIADO: Antonio Belizón Flores. Amoestou polo Numancia a Javi (21´), Bule (39´), Antón (79´), Julio (86´), Juanlu (87´) e Manu (89´). E polo San Mateo a Rubén (46´) e Diego (85´). Resultou expulsado Pablo do San Mateo por dobre cartón amarelo (50´e 70´)

GOLES:

1 – 0: Bule (min 41).

2 – 0: Teti (min. 44).

3 – 0: Alexmarti (min. 53).

3 – 1: Bruno (min. 79).Numancia de Ares. Martín Trofeo Murillo Viteri mes novembro.

Antes de dar comezo o partido fíxose entrega do trofeo Murillo Viteri ao xogador máis regular do mes de novembro. Neste ocasión o agraciado foi Martín, a o que desde aquí damoslle os nosos parabéns. Fixo entrega do Trofeo Fran Bardanca representante da Adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra.

E xa entrando de cheo no partido. Forte ritmo o que imprimiu o San Mateo ao partido dende o asubío inicial. Os de Ares totalmente desbordados pola rapidez no movemento do balón do conxunto visitante apenas pasaron do medio campo no primeiro cuarto de hora. O primeiro aviso do San Mateo chagaría despois dunha indecisión de Carlos nun balón á saída dun córner que chega a Milinco quen estrela o balón no longueiro, corría o minuto cinco. No minuto dez, man a man de Iago con Carlos quen lle gaña a partida ao dianteiro do San Mateo. No vinte Iago volve meter o medo no corpo aos de Ares cun disparo dende fóra da área que se estrela na base do pau. E no vintecinco foi Milinko nun man a man con Carlos pero o gardameta aresán volve gañar a partida. A partir do minuto vintecinco os de Ares conseguirían asentarse no terreo de xogo ante un San Mateo que baixou un pouco o ritmo, non chegaba con tanta claridade pero cada vez que o facía palpábase o gol na bancada. Infernal foi o ritmo que o San Mateo lle imprimiu ao partido nos primeiros trinta minutos. Minutos nos que a sorte foi a aliada do conxunto aresano.

Ata o minuto 33 non veríamos a primeira oportunidade local propiciada por un balón en longo de Carlos que control
Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2012-2013.a Javi, vaise cara á esquerda, volve sobre os seus pasos dispara e David envía a córner. Dous minutos despois o San Mateo daría a réplica nun rápido contragolpe pola banda dereita conducido por Bruno con centro á área que Milinko remata de cabeza saíndo o balón pegado ao longueiro. No minuto corenta serían os de Ares por medio de Javi cun disparo á media volta que detén Diego. E na seguinte xogada chegaría o primeiro gol local. Pase en profundidade de Álvaro sobre Bule quen se vai do seu marcador pisa a área pola banda dereita de ataque e de disparo cruzado bate a Diego. Gol moi celebrado polos xogadores posto que del algunha forma lles aliviaba a presión á que estiveran sometidos polo San Mateo ata ese momento. Corría o minuto corentaun de partido. E tres minutos despois chegaba o mazazo para os intereses visitantes, falta no lateral esquerdo da área con centro templado que colga Javi Enrique, un defensa prolonga cara ao segundo pau por onde entra Álvaro, de cabeza pon o balón de novo no corazón da área para que Teti libre de marca remate ao fondo da rede. Incrible o que se vivía en Prados Vellos, o San Mateo non daba crédito ao acontecido, dominara claramente a primeira media hora de xogo e tivera oportunidades máis que suficientes para ir por diante no marcador. Pero os de Ares en pouco máis de tres minutos púxoos de novo cos pés na terra dándolle a volta a tortilla. Sen tempo para máis e co resultado de 2 - 0 marcharíamos ao descanso.

Na reanudación da segunda metade foi de novo o San Mateo o que tomou a iniciativa. Pero xa non lles resultou tan doado dobreg
Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2012-2013.ar a un Numancia crecido e motivado pola vantaxe do marcador. Marcador que se incrementaría cinco minutos despois da reanudación. Minuto cincuenta, córner que bota o Numancia dende a dereita, o balón paséase por diante da portaría, chega a Alexmarti libre de marca no lateral da área pequena, báixao co peito colócao e de disparo raso axustado á base do primeiro pau marca o terceiro. Este gol caeu como un xarro de auga fría no San Mateo que durante moitos minutos foise do partido. Non sería ata ben avanzada a segunda metade, e cos homes de refresco, que os visitantes volverían encontrar a profundidade no seu xogo, pero a claridade xa non sería a mesma que a da primeira metade. O Numancia tampouco lle perdería a cara ao partido, e coa tranquilidade do marcador xogou con máis soltura e tamén tivo as súas oportunidades. No minuto setenta e nove o San Mateo acurtaría distancias despois dun lanzamento indirecto dentro da área que transforma Bruno. De aquí ao final do partido moitos nervios e moitas présas, faltas, interrupcións, protestas e tarxetas foi a tónica xeral. O xogo volveuse desordenado, abusouse dos balóns en longo, os fallos fixéronse máis patentes por un e outro bando e o partido perdeu a intensidade habida ata ese momento. Aínda así, no minuto oitenta e cinco os de Ares tiveron a oportunidade de matar definitivamente o partido pero no man a man de Juanlu co porteiro visitante, éste levouse o gato á auga. Finalmente chegouse ao remate da contenda co resultado coñecido de Numancia 3 - San Mateo 1.

 

 

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2012-2013.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.