AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - AS PONTES "B", 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2012-2013. Numancia 1 - As Pontes AOS DE ARES SOBRÁRONLLES TRINTA MINUTOS.

Despois dunha boa primeira metade, aos de Ares faltoulles gasolina no segundo período e sucumbiron ante o poderío pontes.


Prados Vellos 30 de septembro de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Bule, Dudi, Costa, Teti, Manu, García, Ortega, Javi (Alexmarti 82´) e Julio (Rubén 78´).

AS PONTES “B”: Nillo, Filgui, Palas, Totti (Vila 58´), Carlos, Cristián, Xabi (Narciso 52´), Criado (Fran 84´), Borja (Alberto 70´), Vicente e Marcos.

COLEXIADO: José Luís Corral Franco. Amonestou a Bule e García polo Numancia e a Totti e Alberto polo As Pontes “B”.

GOLES:

1 – 0: Teti (min. 1)
1 – 1: Marcos (min. 59)
1 – 2: Vicente (min. 89)

 

 

Comezaba de cara o partido para os de Ares, posto que ao minuto de xogo, e na primeira aproximación á meta visitante poñíanse por diante no marcador. Un balón bombeado por Julio a banda contraria é controlado por Ortega no bordo da área, intérnase levándose ao seu marcador e executa un centro chut que remata Teti o fondo da rede. Este gol supuxo unha sobredose de moral para os locais que na primeira media hora de xogo exerceron unha forte presión sobre a saída do conxunto pontes. Foron moitos os balóns que o conxunto aresano, froito desa presión, roubou en medio campo pero dos que non soubo sacar partido. O máis claro deles un man a man de Ortega con Nillo que nesta ocasión adiviñou a intención do dianteiro aresán. Nos últimos quince minutos de xogo o partido estivo máis aberto pero ningún dos dous equipos foi quen de crear ocasións manifestas de gol.

A segunda metade volveu comezar con saída en tromba do conxunto local que aos cinco minutos volveu ter un novo man a man, nesta ocasión de Julio con Nillo, quen aguantou ben a saída e detivo o disparo. Volvían os de Ares a desaproveitar outra boa oportunidade. Non a desaproveitarían os ponteses no minuto 59 cando Vicente de costas á portaría colga un balón bombeado para que Marcos entrando dende atrás remate de cabeza ao fondo da rede para empatar o partido. A partir de aquí foron os visitantes os que tomaron as rendas do encontro. Os aresanos a medida que transcorrían os minutos fóronse quedando sen gasolina e entrando en reserva, mentres que o Ás Pontes moito mellor fisicamente foi un equipo en alza.
Varias foron as ocasións que os ponteses malograron, mesmo dúas delas a porta baleira. Pero tal como se estaban a desenvolver os acontecementos estaba claro que o gol visitante chegaría. Aínda así houbo que esperar ata o minuto 89 para ver ese merecido gol. Gol propiciado por unha perda de balón no centro do campo, que remata con pase en profundidade sobre Vicente quen se interna na área por banda ezquerda e encara a Carlos para batelo ao pau corto.

En resumo moi boa primeira metade do conxunto local, pero da que non soubo sacar proveito. Ao final merecida vitoria do Ás Pontes que soubo regular as enerxías ante o dispendio físico dos locais e que lles pasou factura na segunda metade.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.