AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - SAN MATEO, 5.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2012-2013. Numancia 1 - San Mateo 5. Prados Vellos 17/09/12DEBACLE NO ÚLTIMO PARTIDO DE PRETEMPADA.

Os de Ares caeron de forma estrepitosa nunha apisoante primeira metade do San Mateo.


Ares 16 de septembro de 2012

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Carlos (Putxi 73´), Álvaro, Antón (Dudi 45´), Bule (Cagide 73´), Costa (Martín 45´), Teti, Julio (Julio 70´), Jaime, Rubén (Juanlu 45´), Manu (Nando 70´) e Ortega (Javi 37´).

SAN MATEO: Marcos, Julián (Pablo 45´), Nene (Fonso 62´), Koeman, Jose (Pernas 45´), Turu (Rubo 62´), Yago (Jorge 62´), Diego (Pachi 62´), Charlón (Bruno 45´), Jonathan e Adrián (Rubén 45´).

COLEXIADO: Alberto Seoane Cinza.

GOLES:
0 – 1: Iago min. 8.
0 – 2: Adrián min. 33.
0 – 3: Iago min. 37.
0 – 4: Adrián min. 40.
1 – 4: Rubén min. 43
1 – 5: Bruno min. 83.

Pronto deixo claro o equipo de Mourente que non se desprazaran ata Ares para tomar o sol, e xa dende o asubío inicial, imprimindo un forte ritmo de xogo deixaron claras as súas intencións. Os de Ares nos primeiros minutos aguantaron o envite visitante pero a medida que avanzaba o partido víronse claramente superados e a mercé do rival que dominou en todas as facetas do xogo. O San Mateo con xogadores de moita calidade, algúns deles con ampla experiencia en categorías superiores, xogaron a pracer ante un Numancia que pouca presión exerceu para contrarrestar o xogo do rival. Con estas premisas pronto chegaría o primeiro tanto do partido obra de Iago no minuto 7. Á media hora de xogo, e en pouco máis de cinco minutos, os de Ares encaixaron tres novo tantos, primeiro Adrián, despois Iago, e de novo Adrián poñerían terra de por medio no marcador nunha primeira metade na que só existiu un equipo no terreo de xogo. Acurtaría distancias Rubén no minuto 43 nunha das escasas ocasións na que os de Ares se achegaron á área rival. Finalmente marcharíamos ao descanso cun marcador parcial de 1 - 4.

Na segunda metade os de Ares si saíron a traballar, presión, moita presión sobre o rival. Presión coa que o San Mateo non se sentiu cómodo e ao que lle foi imposible xogar a pracer como sucedera na primeira parte. Foi unha segunda metade dominada durante moitos minutos polo equipo local, pero que desafortunadamente, por falta de atino ou polas grandes intervencións de Marcos, o gardameta do San Mateo, non se viron reflectidas no marcador. No último tramo o partido igualouse de novo e o San Mateo á contra volveu levar perigo á meta de Putxi quen minutos antes substituíra a Carlos. Nunha desas contras prodúcese un penalti que Bruno transformaría no quinto e definitivo da tarde. Houbo reacción por parte do Numancia pero hoxe era o día de Marcos quen detuvo canto lle mandaron entre os tres paus.

En resumo gran partido do conxunto de Trasancos que deixou unha moi boa imaxe en Pardos Vellos. En canto aos de Ares pésima primeira metade e aceptable segunda parte. Lección para aprender que para iso son os partidos de pretempada.

Con este partido péchase a fase de pretempada. O próximo fin de semana dará comezo o campionato de liga 2012-13. Os de Ares comezan o mesmo desprazarándose ata o campo de A Veiga para enfrontarse ao Xuventud de Cabanas.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.