Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. PERLIO, 3 - NUMANCIA, 2.
 
 

AFECCIONADOS. PERLIO, 3 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Perlio 3 - Numancia 2. Trofeo Industriales 25/08/12.O PERLIO ADXUDICOSE O TROFEO INDUSTRIALES.

Entretido partido, cun tempo para cada equipo, o que nos ofreceron Perlio e Numancia en Os Pinares e que se saldou con vitoria local por 3 - 2. Ao descanso chegaríase cun parcial de 0 - 2 a favor dos de Ares.

Os Pinares (Perlio) 25 de agosto de 2012.

NUMANCIA: Carlos (Adrián 85´), Bule, Costa, Dudi (Antón 45´), Alexmarti (Martín 82´), Jaime, Teti, Javi Enrique (Juanra 70´), Ortega, Jesús (Juanlu 85´)  e Javi (Rubén 66´).

Primeira metade de clara superioridade do equipo aresán fronte a un Perlio apagado e carente de profundidade que non deu entrado no partido ata os últimos cinco minutos de xogo. Non sería ata o min. 38 no que os locais efectuarían o seu primeiro disparo á meta aresá que marcharía por enriba do longueiro. Nos últimos minutos deste período os locais estiveron máis incisivos e tiveron varías ocasións claras para contrarrestar a vantaxe numantina no marcador. Os de Ares cun xogo máis fluído sÍ aproveitarían as súas ocasións o que lles permitiu irse ao descanso cunha vantaxe de cero goles a dous. O primeiro gol aresán transformaríao Javi no min. 18 ao superar de vaselina a saída do meta local. Seis minutos despois Ortega de forte disparo afastado marcaría o segundo tanto numantino.

Na segunda metade o Perlio sacou ao terreo de xogo un equipo con novos efectivos que cambiou totalmente o panorama visto na primeira metade. Os locais foron a polo partido dende o asubío inicial, e durante a primeira media hora deste segundo período foron os que levaron o peso do encontro, obrigando os de Ares a repregarse atrás para saír á contra nalgunhas xogadas. Froito do dominio chegarían os tres tantos locais. O primeiro no min. 60 á saída dun córner que Varela remata de cabeza. No min. 69 unha xogada por banda esquerda con centro á área que Iñaqui remata de cabeza suporía o empate. E tres minutos máis tarde balón que gaña as costas da defensa visitante e co que se fai Pena, quen queda só ante Carlos o que regatea marcando a porta baleira o que a posteriori sería o gol da vitoria. A raíz do terceiro tanto local os de Ares espertaron e puidemos vivir uns ultimos quince minutos vibrantes con varias ocasións para os dous equipos, e que ben puideron matar o partido para os locais, ou meter na pomada os visitantes co empate. Finamente o marcador de 3 - 2 permanecería inamovible.

En resumo, moi boa imaxe a que ofreceu o Numancia en Os Pinares ante un Perlio máis descasado, hai que ter en conta que o día anterior os de Ares xa disputaran 90 minutos fronte ao Mandiá na sua semifinal. Quizais este feito fose unha das claves na baixada de rendemento dos de Ares no segundo tempo. Malia iso realizaron un bo partido, no que calquera dos dous equipos tivese sido xusto merecedor da vitoria. Dende aquí queremos felicitar o Perlio por alzarse co Trofeo Industriales e agradecerlles o sua invitación o mesmo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.