Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. Final do Cuadrangular
 
 

AFECCIONADOS. Final do Cuadrangular

FINAL:  Maniños - Santaballés

Este domingo, ás 20.00 h. comezará a final do torneo entre o C.D. Santaballés e o C. Maniños S.D., tendo lugar o saque de honor a cargo de Emilio Mesías, autor da letra e música do himno do Numancia. Antes ás 18:00 disputáse a final de consolación entre a A.D.R. Numancia de Ares e o C.C.R.D. Perlío.

 Ares, 11 de agosto de 2012

Nas primeira semifinal entre o Numancia e o Santaballés chegabase ó remate do encontro con empate a un tanto no marcador. Dende o punto de penalti foron máis efectivos os de Santa Balla e acadaron o pase á final do torneo.

Na segunda semifinal, o derbi fenés entre Maniños e Perlío rematou con victoria mínima do equipo de "O Pote" ó impoñerse por un gol a cero ós seus veciños de "Os Pinares".

Por tanto maña en Prados Vellos o menú deportivo queda como sigue:

Ás 18:00 horas encontro polo terceiro e cuarto posto entre o Numancia e o Perlío.

Ás 20:00 horas final do torneo entre o Maniños e o Santaballés.

No referente ó cadro local do Numancia para o segundo partido do Torneo, Marcelino presentará tres cambios: Bule, Juanlu e Cagide.

Ante as ausencias dalgúns xogadores por distintos motivos, Marcelino só pode realizar tres cambios respecto á convocatoria de onte, citando aos seguintes futbolistas:
Porteiros: Adrián e Carlos.
Defensas: Bule, Costa, Dudi, Álvaro, Pablo e Jauma.
Medios: Teti, Javi Enrique, Manu, Juanra, Álex Marti, Juanlu e Fernandito.
Dianteiros: Javi Rubio e Cagide.




 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.