AFECCIONADOS. SEMIFINAIS TROFEO MANIÑOS

NUMANCIA – VICTORIA, SÁBADO ÁS 18.00 H.
Mañá,sábado, 4 de xullo, ás 18.00 h. disputarase o primeiro partido do trofeo San Salvador de Maniños, no campo do Pote, entre o Numancia e o Victoria coruñés. O equipo adestrado por Bardanca e Marcelino, despois desta ...

 

Ares, 3 de agosto de 2012

 

... primeira semana de adestramentos, chega a Maniños con bastantes novidades con respecto á temporada anterior, presentando un total de 12 xogadores que terán a súa oportunidade nos dous partidos que se xogarán entre sábado e domingo.
Para o partido de semifinais deste sábado, a convocatoria consta dos seguintes dezaseis xogadores:
Porteiros: Adrián e Carlos.
Defensas: Costa, Bule, Dudi, Martín, Pablo.
Medios: Manu, Teti, Julio, Javi Enrique, Javi Rubio, Juanra.
Dianteiros: Jesús, Cagide e Juanlu.
Entre as novidades, están o regreso de xogadores coma Dudi (Mugardos B), Julio (Eume), Adrián, Juanlu e Pablo, xunto coa incorporación dos xuvenís Cagide e Juanra.
Para o partido do domingo, agárdanse outras seis novidades no equipo.

E a continuación do Numancia – Victoria, ás 20.00 h., disputarase a outra semifinal do torneo entre o equipo anfitrión, o Maniños, e o Mugardos B.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.