AFECCIONADOS. ALTAS 2012-13

JULIO, ÁLEX MARTI, DUDI, JUANLU E ORTEGA, CINCO MÚSICOS PARA A ORQUESTRA NUMANTINA
Xa podemos confirmar a incorporación ás filas do Numancia 2012-13 destes cinco rapaces aresáns.

 

Ares, 30 de xuño de 2012
No serán de onte, venres, 29 de xuño, estes rapaces enfundáronse outra vez a camiseta vermella do Numancia, despois de varias temporadas afastados do club, manifestando o seu compromiso e interés en formar parte do equipo de afeccionados do Numancia para a vindeira temporada, un plantel que se quere que sexa competitivo e o máis completo posible.
Estes son os cinco novos numantinos:
Rubén Martínez, “Ortega”, xogador de características ofensivas. Regresa despois de tres temporadas, e tras pasar polo Maniños.
David Fonte, “Dudi”, procedente do Mugardos B, onde xogaba de central.
Alejandro Martínez, “Álex Marti”, tras varios anos en Coruña, súmase a este novo proxecto. As súas credenciais son moitas: velocidade, intensidade, entrega, …
Julio Escudero, procedente do Eume. Coa súa calidade, os seus goles, e  as súas gañas de vitoria, aportará competitividade.
Juan Luis,”Juanlu”, regresa ao fútbol-11 federado con toda a ilusión e gañas de aportar seriedade, compromiso e regularidade.

Numancia de Ares 2012-2013 Afeccionados. Alex Marti, Dudi, Ortega, Julio, Juanlu.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.