AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - A CAPELA, 2.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. Numancia 3 - A Capela 2. Prados Vellos 04/03/12.DIFICIL VITORIA ANTE UN EQUIPO COAS IDEAS MOI CLARAS.

Os de Ares foron por detrás no marcador, igualaron a contenda en dúas ocasións e conseguiron os tres puntos sobre o asubío final.


Prados Vellos 4 de marzo de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Martín, Costa, Bule, Teti, Rubén, Jorge (Javi 46´), Manu, Carlos Barcia (Alex García 60´), Jesús e Javi Enrique.

A CAPELA: Jorge, Ángel, Constantino (Brais 76´), Noel, Rubén, Marcos, Esteban (Diego 80´), Juan, Alejandro, Oscar e Mauro.

COLEXIADO: José M: Belizón Flores. Amoestou a Manu polo Numancia e a Ángel, Juan, Alejandro e Brais polo Capela

GOLES:

Numancia: Jesús, Javi e Manu.

A Capela: Alejandro e Noel.

Antes de dar comezo ao partido fíxose entrega do Trofeo Murillo Viteri do mes de febreiro a Teti. O centrocampista aresano é a terceira vez que recibe o trofeo no que vai de tempada. Fixo entrega deste, Manel Pérez, representante da adega Murillo Viteri para a zona de ferrolterra. Dende aquí dámoslle o nosos parabéns a Teti.

Entrando no partido, tras dez primeiros minutos con dominio do equipo aresano, na primeira aproximación da Capela chega o primeiro gol do encontro. Corría o minuto once e unha falta de entendemento entre a defensa e o porteiro local aprovéitao Alejandro para poñer por diante ao equipo visitante. Tiveron a continuación os numantinos uns minutos de desconcerto nos que perderon a claridade do inicio. Unha vez que se volveron a centrar no partido e asentarse de novo no terreo de xogo volveron ter algunha ocasión clara de gol, e así no minuto 27, tras un saque de falta botada por Manu, Jesús remata de cabeza ao fondo da rede establecendo a igualada. Con empate a un marchamos ao descanso.

Na segunda metade volvería acontecer o mesmo que no inicio da primeira. Os de Ares volvían ter a posesión e nunha xogada a balón parado A Capela volvía adiantarse no marcador. Corría o minuto 50 e á saída dun córner Noel envía o fondo da rede. O Numancia de novo co marcador en contra tivo que remar contracorrente. Deuse entrada no campo a Javi e a Alex García para darlle máis profundidade ao equipo e no minuto 69 de xogo, o Numancia volvía igualar a contenda. Nesta ocasión sería Javi ao transformar unha pena máxima despois dunha man na área de Rubén. Os de Ares continuaron pelexando pola vitoria e esta loita viuse recompensada co partido case finalizado. Posto que sería no minuto noventa, ao saque dunha falta, cando Manu marcaría o gol da vitoria local.

Bo partido o que nos ofreceron os dous equipos que nos fixeron pasar unha boa tarde de emoción futbolistica.

Destacar do equipo visitante a boa colocación e repregamento, un equipo con xente moi alta, que van ben de cabeza e a balón parado crea moito perigo. Sería xusto tamén destacar como xogador do partido, a Jorge, o gardameta de A Capela, que no día de hoxe para frustración dos aresáns realizou unhas grandes intervencións.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.