Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. BARALLOBRE, 3 - NUMANCIA, 2.
 
 

AFECCIONADOS. BARALLOBRE, 3 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Barallobre 3 - Numancia 2. O Ramo 6/12/11.PESIMO PARTIDO DO NUMANCIA EN O RAMO.

Partido correspondente á sexta xornada de liga que non se xugou no seu día por mor da folga en protesta pola tarifa arbitral unificada, e no que o Numancia caeu xustamente derrota en O Ramo fronte o Barallobre. Ao descanso chegouse con 1 - 0 a favor dos locais.


Barallobre 6 de decembro de 2011.

ALINIACIONES:
BARALLOBRE: Javi, Justo, Gabi, Jairo (Carlos 15´), David Seijo (Javi 81´), Garecho, Diego, Chapu, Telmo, Dopico e Brais (Toril 48´).

NUMANCIA: Carlos, Martín, Pedro, Bule, Costa, Teti (Manu 65´), Javi Enrique (Jesús 70´), Alex García, Rubén (Carlos 57´), Javi (Jorge 78´) e Zeta.

COLEXIADO: Alberto Martínez Miguez. Amoestou a Garecho e Toril polo Barallobre, e a Costa polo Numancia.

GOLES:

1 – 0: Garecho min. 15.
1 – 1: Javi (penalti) min. 55.
2 – 1: Chapu min. 52.
2 – 2: Javi Enrique min. 62.
3 – 2: Chapu min. 82.

INCIDENCIAS: partido xogado en horario de mañá en O Ramo cun terreo de xogo moi irregular que dificultou moito o control do balón. Boa entrada de público.

 



Partido no que o Numancia se viu superado por un Barallobre máis motivado e máis metido no partido que os visitantes. Un Numancia lento, apagado, descolocado e sen medio campo, foi anulado en ataque por un inconmensurable Telmo, e superado claramente en defensa por Garecho e Chapu, aos que Martín, Costa e Bule se viron incapaces de frear en moitos lances do xogo.

Na primeira metade os de Ares foron un barco á deriva en O Ramo, incapaces de enlazar unha soa xogada en ataque, e facendo auga en defensa. Froito da mala faceta defensiva chegaría o primeiro tanto local. Balón colgado á área e indecisión no rexeitamento da defensa aresá, o esférico chega aos pés de Garecho ao que Carlos lle detén o seu primeiro disparo. O rexeitamento chega ao mesmo xogador que na segunda ocasión non perdoa, 1 - 0, cando corría o minuto 15. Non houbo reacción por parte do Numancia que foi incapaz de contrarrestar o fútbol directo dos locais. O Barallobre daría outro toque de atención aos aresanos no minuto 35 enviando un balón á base do pau. Destacar como xogada máis perigosa dos de Ares nesta primeira metade un disparo de Javi Enrique ao longueiro no minuto 46. Esta xogada deu paso ao descanso, co resultado de 1 - 0 a favor dos locais.

A segunda metade foi de moito máis movemento de balón e abuso do fútbol directo por parte de ámbolos dous equipos o que propicio que viñesen os goles. Os de Ares melloraron algo nesta segunda metade, pero aínda así foi insuficiente para dobregar un Barallobre máis mentalizado e que hoxe obtivo unha xusta vitoria.
Comezaba ben este período para o Numancia que no minuto 50 empataba ao transformar Javi un penalti. Pero pouco tardarían os locais en contrarrestar de novo o marcador. Pois dous minutos máis tarde, de novo auga na zaga aresana. Tres fallos consecutivos propician que o balón chegue aos pés de Chapu, que só no punto de penalti non perdoa, 2 - 1, corría o minuto 52. Dez minutos despois volven empatar os de Ares. Rápida xogada de contraataque do Numancia por banda que finaliza con centro para que Javi Enrique, libre de marca dentro da área pequena, envie ao fondo da rede, 2 - 2. Dispuxo o Barallobre de varias ocasións para adiantarse e sentenciar o partido. O tándem Chapu - Garecho / Garecho - Chapu eran un perigo constante para a área aresana. Eles serían os protagonistas do gol da vitoria local. Corría o minuto 82, bonita xogada de combinación do Barallobre na que un pase de Garecho gaña as costas á defensa numantina, o balón chega a Chapu que sentencia de disparo cruzado ante a saída de Carlos 3 - 2.

En resumo mal partido dos de Ares que en ningún momento deron solidez de conxunto véndose claramente superados polo equipo local. Apatía, desgana e pouco espírito de loita por parte dalgúns xogadores que prexudica claramente o rendemento do grupo. Esperemos e confiemos en que só fose un mal día. Porque un mal día teno calquera.

Próximo partido, domingo 11 de decembro, ás 16:00, en Prados Vellos, NUMANCIA - MANIÑOS. Partido transcendental para os dous equipos. Ser ou non ser.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.