AFECCIONADOS. ANIMAS, 1 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Animas 1 - Numancia 2. A Gándara 06/11/11.VITORIA DO NUMANCIA NO TEMPO DE DESCONTO.

Tres importantes puntos para os de Ares nun partido pouco vistoso e de pouco fútbol que se decidiu en xogadas a balón parado.

 

A Gándara 6 de outubro de 2011.

ALIÑACIÓNS:
ANIMAS: Iván, Iban (Manolo min. 81), Alex, Oscar, Dani, Manuel (Rubén min. 87), Antón,  (Díaz min. 57), Casas, Otero (Unai min. 57), Rafa e Miguel.

NUMANCIA: Carlos, Martín, Pedro Machado, Bule, Jauma (Sylla min. 20), Teti, Alex García, Manu (Borja 88´), Rubén (Jesús min. 84), Javi Enrique (Javi min. 72) e Carlos,

COLEXIADO: Iago Veiga López (Delegación de Ferrol). Amonestou a Oscar e Unai polo Animas. Polo Numancia a Carlos, Alex e Fran. Expulsou a Carlos e Marcelino (auxiliar) del Numancia.

GOLES:
Animas: Unai (64¨)
Numancia: Rubén (29´) e Javi (93¨)

Primeira metade de pouco fútbol, que se xogou de tu a tu. Moito centrocampismo e respeto entre os dous equipos que se xogaban tres importantes puntos para manterse na parte alta da táboa. Foi unha primeira metade pouco vistosa e sen chegadas ás metas respectivas. A única ocasión de gol foi a que supuxo o 0 - 1 para os de Ares no minuto 29. Un libre directo executado por Rubén, mal interpretado polo equipo local e tamén polo seu porteiro, que deixa entrar o balón na portería na crenza de que o lanzamento era indirecto supuxo o primeiro gol para os de Ares. Nos quince minutos que restaron de primeira metade as cousas non cambiaron.

Na segunda metade os locais saíron a polo partido e levaron boa parte do peso do mesmo. Crearon boas xogadas sobre todo polas bandas, pero faltoulles definición nos metros finais. Sería novamente a balón parado, nesta ocasión de libre indirecto, como empataría o Animas por medio de Unai no minuto 64. Coas táboas no marcador o partido tranquilizouse e volveu durmirse. No minuto 73, viría a expulsión de Carlos, o Numancia perde o medio do campo e o Animas volve á carga tendo algunha ocasión para adiantarse no marcador. Os de Ares á contra tamén levarían perigo á meta rival. A xogada crave chega no tempo de desconto, minuto 93, internada de Teti entre dous defensas e claro penalti sobre o xogador aresán. Lanza Javi, ¡¡¡GoooOOOOLLLL!!!, e fin da historia para un partido no que tocou sufrir e que só estivo animado nos minutos finais.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.