AFECCIONADOS. TARIFA ARBITRAL

 COMPÁS DE ESPERA

Os clubs de 2ª e 3ª autonómica ferroláns decidiron xogar esta fin de semana a xornada correspondente, á espera de próximas decisións.

Ares, 13 de outubro de 2011

Coa presenza dunha veintena de clubs comezou unha nova reunión, nesta ocasión no local do Perlío, cun repaso a cargo do presidente da AFACO, Peruchi, dos pasos dados en todo este proceso e valorando positivamente os resultados conseguidos ata o momento. Tamén interviu o presidente a AFAFE, Fran, apoiando as palabras de Peruchi e anunciando que este sábado está convocada unha reunión en Santiago á que asistirán representantes dos clubs de Vigo, Pontevedra, Coruña e Ferrol. Nesa reunión, ademais do tema destes días, a tarifa arbitral unificada, abordaranse outros asuntos que seguramente non tardarán en saltar á palestra: o plan Xogade e a mutualidade dos futbolistas. Seguidamente, producíronse intervencións de distintos representantes dos clubs ferroláns, todos eles ratificando a disconformidade coa aplicación desta tarifa arbitral autonómica, á vez que se reproduciron as críticas ao presidente da Federación Galega, sr. Liñares, polas formas utilizadas para levar adiante este tema, sen presentalo nin á asemblea do fútbol galego nin tan sequera á súa xunta directiva. Quedou de manifesto, é necesario repetilo, que o fútbol ferrolá non critica ao seu delegado federativo, Manolo Mesa, todo o contrario, recoñecéndolle o seu esforzo por buscar solucións ao conflito.

Finalmente, os clubs votaron maioritariamente a favor da reanudación da competición con tan só un voto en contra. Esta decisión non supón un paso atrás senón unha pausa á espera dos acordos que se poidan tomar conxuntamente cos clubs doutras delegacións.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.