AFECCIONADOS. PLANTEL 2011-12
ALTAS: CÉSAR, SYLA, JORGE E JAVI ENRIQUE.
A falta de tres días para comezar a liga, o Numancia presenta un plantel moi xusto para afrontar a temporada 2011-12.
Ares, 1 de setembro de 2011
Moitas e importantes son as baixas con respecto á temporada anterior, comezando polo adestrador Carlos Rodríguez, substituído por Bardanca e Marcelino, dous veteranos que contarán cos seguintes xogadores afeccionados para comezar esta liga de segunda autonómica da comarca ferrolá:
Porteiro: Iván Fernández.
Defensas: Costa, Bule, Pedro Machado, Martín, Vicente, César, Jauma e Jorge.
Medios: Álex García, Zeta, Teti e Syla.
Dianteiros: Carlos, Rubén, Javi Rubio e Javi Enrique.
Son altas: César (Mandiá), Javi Enrique, Syla e Jorge (xuvenís).
As baixas son bastante numerosas: Kiko, Iván Núñez, Antón, Pedro Blanco, Borja, Jorge Barros, Oliveira, Jose e Manu. Destas nove baixas, dúas delas son de dous xogadores que xa forman parte da historia numantina, Oli e Jose, con moitos anos, partidos e mesmo goles regalados ao Numancia; outros casos corresponden a rapaces que prematuramente abandonan a práctica do fútbol, coma Antón, Pedro Blanco e Jorge Barros; e, finalmente, aínda se espera recuperar a algúns xogadores que de momento non se incorporaron aos adestramentos.
Tamén se pode engadir a esta listaxe o nome de dous xuvenís que durante a temporada pasada disputaron minutos cos afeccionados, coma o porteiro Carlos Arnoso, fichado polo R. Ferrol e o dianteiro Quique, fichado polo G. Caranza.
Aínda que nunha primeira valoración observamos o limitado número de xogadores dispoñibles para Bardanca e Marcelino, o equipo está moi unido e ilusionado ante o inminente comezo da competición, e sen marcarse un obxectivo determinado, tampouco renuncian a nada. Durante a pretemporada viñeron traballando moi duramente e estamos seguros que os resultados acompañarán a este grupo.