AFECCIONADOS. CONVOCATORIA CEBARCA - NUMANCIA
COAS MAIORES ILUSIÓNS
Bota a andar a primeira eliminatoria da copa de Ferrol, no campo do Cebarca e a partido único.
Ares, 14 de maio de 2011
Despois da boa campaña realizada na liga, aínda que un tanto irregular, o Numancia inicia esta andaina na copa nun campo difícil onde terá que aplicarse a fondo para conseguir superar esta eliminatoria e entrar no sorteo do luns.
Carlos Rodríguez convocou para este partido aos seguintes xogadores:
Porteiro: Carlos.
Defensas: Bule, Costa, Vicente, Jauma, Antón e Óscar.
Medios: Pedro, Álex, Rubén, Jorge, Quique e Teti.
Dianteiros: Jose, Javi e Manu.