AFECCIONADOS. NUMANCIA, 6 - ORTIGUEIRA, 3.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 6 - Ortigueira 3. Prados Vellos.BROCHE DE OURO PARA REMATAR A LIGA
Emocionate e vibrante partido cunha espectacular remontada dos de Ares.

 

Prados Vellos 8 de maio de 2011.

ALINIACIONES:
NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa (Pedro Machado 58´), Vicente (Quique 71´), Zeta, Jauma, Jorge (Teti 58´), Alex, Manu, Javi (Jose 35´) e Rubén (Martín 89´).

ORTIGUEIRA: Roberto (Cochi 73´), Pablo Ares, Isaac, Alberto, Diego Aneiros, Javi, Chispi, Simon (Maseda 46´), Borjita (Victor Blanco 63´), Diego Polo (Galdo 67´) e Rodrigo (Marquitos 78´).

COLEXIADO: D. José Priegue Leis (Delegación de Ferrol). Amonestou a Alberto e Maseda polo Ortigueira. Expulsou por dobre cartón amarelo a Jauma do Numancia e con cartón vermello a Isaac do Ortigueira.

GOLES:
Numancia: Manu (3), Teti e Quique (2).
Ortigueira: Rodrigo, Chispi e Alberto.

 



Antes de dar comezo o encontro Fran Bardanca, representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, fixo entrega dun agasallo ao xogador mais regular do mes de abril. Neste ocasión o agraciado foi o gardameta Carlos. Dende aquí damoslle a nosa noraboa.

A continuación gardouse un emotivo minuto de silencio en recordo de D. José Fonte Rodríguez, falecido recentemente, ex-xogador e socio da ADR Numancia de Ares. Descanse en paz.

E xa de contado entramos de cheo no partido…

Última xornada da 2ª Autonómica onde o Numancia derrotou o Ortigueira en Prados Vellos ante preto de 150 espectadores; asegurando o 4º posto na Liga 2010 – 2011.

Tarde de domingo con tempo cambiante en Prados Vellos. Choiva e vento, sol e calor, tivemos de todo neste domingo de comunións en Ares, o que restou algo de afluencia de público en Prados Vellos, aínda que a Marea Vermella finalmente non defraudou.

O partido foi tan cambiante como o tempo. Pero hoxe era un día para festexar unha boa Liga, e finalmente o noso Numancia non defraudou a súa fiel afección.

Comezaba o encontro con moito ritmo. Bonitos primeiros minutos de partido, con circulación rápida de balón e xogadas de ataque polos dous bandos. Un fallo no xogo do Numancia propiciaba un roubo de balón dos visitantes, que nun rápido contraataque  pola banda dereita conducido por Chispi, alcanza o lateral da área, pase atrás e Rodrígo libre de marca consegue o 0 - 1 no minuto 11 do encontro. Seguiría o partido na mesma tónica, con fútbol vistoso e moita intensidade. Ós numantinos collían por momentos o mando do envite, tendo claras ocasións de gol. Nunha delas, Bule entra pola banda dereita, lanza un preciso centro sobre Manu e o goleador numantino non falla diante do meta visitante Roberto, 1 - 1 no minuto 17 de xogo. O partido sigueu igual ata o descanso, aínda que trocou o marcador. Un balón que se lle escapa das máns a Calos nunha pugna con Diego Polo, e aproveitado por Chispi para establecer o 1 - 2 antes de retirarnos o intermedio.

Na segunda metade, creceu a tensión. Saíron moi fortes os dous equipos e o exceso de forza nunha entrada sen balón por medio propiciou a expulsión de Isaac no minuto 55. Tiña ó Numancia que aproveitar a superioridade, pero non foi así. No minuto 59, Jauma derriba a un adversario dentro da área sen estar o balón en disputa entre ambos. Penalti e cartón amarelo para Jauma. Era o segundo, polo tanto Jauma era xustamente expulsado. Para colmo, ós de Ortegal establecían o 1 - 3 por medio de Alberto, o transformar o lanzamento do penalti. Con este resultado, un 10 contra 10 no campo, e 30 minutos por diante, parecía que as cousas non se moverían moito. Pero.... cando aparece o orgullo numantino, poden tremer os rivais. Como dicíamos no comezo, hoxe era un día para celebrar unha gran actuación ligueira. Diso deberon darse conta ós nosos xogadores, que sacaron casta e inspiración para darlle a volta ó partido. O 2 - 3 sería cousa de Manu, no minuto 75, tras aproveitar un gran pase da perla da canteira Quique. O 3 - 3 sería novamente de Manu no 82´, quen sen apenas ángulo de tiro fusilaba o porteiro sen miramentos, completando un hatrick. O 4 - 3 sería obra de Teti quén se adiánta o gardameta e peitea de cabeza un centro de Manu. O 5 - 3 marcaríao Quique despois dun balón rexeitado na área do Numancia que recolle Manu no centro do campo. Entre Manu e Quique conducen ata a área rival, onde finalmente o canteran bate de disparo raso a Cochi. E para que a festa fora completa, de novo o cadete Quique, cun papel estelar neste partido, deleitaría a fiel afección numantina cun golazo. Recibe na área un pase de Alex, plántase diante do porteiro, frena en seco, regateao con frialdade e sutileza, e cun toque suave conseguía o 6 - 3 que representaba a ledicia, a aposta pola xuventude e pola canteira, e a forza do orgullo numantino. Con este resultado de 6 - 3, e cunha explosión de ledicia e satisfacción da Marea Vermella finalizaba o encontro.

En definitiva, hoxe Numancia e Ortigueira brindaron os afeccionados un gran partido de fútbol, con bo xogo, tensión e goles. Colaborou tamén a este bo partido un dos mellores colexiados de Ferrolterra, Priegue Leis. Felicidades a todos por este gran partido.

Con este envite finaliza a Liga da 2ª Autonómica para o Numancia. Finalizan ós numantinos nunha meritoria 4ª posición. Vitorias, empates, derrotas. Luces e sombras, ledicias e tristezas. O orgullo de ver un equipo moi vivo e con futuro está por encima de calquera dato estadístico. E por suposto, o orgullo de saber que nas bancadas a Marea Vermella converte ó Numancia no campión de Liga das afeccións. Noraboa a todos, ó equipo e tamén á Marea Vermella.

Felicitar tamén o CD Cariño, campión desta Liga da 2ª Autonómica e novo equipo da 1ª Autonómica. Noraboa.

Tamén desexarlle moita sorte o subcampión, o Narón “B” na súa promoción de ascenso á 1ª Autonómica.

En canto o Numancia, ¡¡¡ imos a pola Copa ¡¡¡ Para eso temos un difícil encontro o vindeiro domingo ás 18:30 en Cerdido ante o Cebarca. Chega a Copa da Delegación de Ferrol, cunha eliminatoria de dezaseisavos de final a partido único. O primeiro paso na Copa e gañar na Barqueira ó Cebarca, un conxunto de 3ª Autonómica con moita veteranía e oficio nas súas filas.

Primeira Marea Vermella Copeira o vindeiro domingo as 18:30 no campo Bernardino Breixo en Cerdido, para animar ó equipo ante o Cebarca.

¡¡¡Vémonos o domingo en Cerdido¡¡¡ ¡¡¡Agora xa non se pode faltar¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.