AFECCIONADOS. SAN SADURNIÑO, 0 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. San Sadurniño 0 - Numancia 2. A Piscina.VITORIA CON SUFRIMENTO.
Partido complicado para os de Ares onde a inadaptabilidad á herba natural e a rapidez do rival creáronlle moitos problemas aos aresanos.


San Sadurniño 1 de maio de 2011.

ALINIACIONES:
SAN SADURNIÑO: Amaro, Antón, Miguel, Rober, Alejo, Michel, Tone (Melo 70´), Dani, Marco, Pérez (Alejandro 70´) e Jose (Alberto 59´).

NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa (Antón 46´), Vicente, Zeta, Jauma (Teti 60´), Quique (Javi 56´), Alex, Manu, Jorge e Rubén (Martín 82´).

COLEXIADO: D. José A. Rodríguez Dopico (Delegación de Ferrol). Amonestou a Rober, Antón e Alejo polo San Sadurniño e a Vicente polo Numancia.

GOLES: Jorge (22´) e Manu (86´).

Penúltima xornada de liga da 2ª Autonómica, na que o Numancia desprazábase a San Sadurniño para enfrontase ao equipo local nas magnificas instalacións da Piscina. Tarde agradable e bo ambiente na bancada, con numerosa presenza de afeccionados numantinos, que a pesar do longo desprazamento e da significativa data do día de hoxe “Día de Nai”, ás que felicitamos dende aqui, acudiron unha vez máis a cita co seu equipo.

Partido nada fácil para os de Ares aos que lles custou adaptarse ao tapete da Piscina. O partido comezou con moita intensidade. Aos poucos minutos os de Ares deron o primeiro aviso que pronto se viu correspondido cun disparo ao pau dos locais, o primeiro dos tres que estrelaron no partido. O planteamento táctico dos de Ares nos primeiros minutos do encontro ocasionoulles moitos problemas. Os locais, con xogadores rápidos e máis adaptados ao terreo de xogo, sorprendían con facilidade á zaga aresana e chegaban con moito perigo ao área. Corrixida a deficiencia táctica melloraría o xogo aresano. Froito desa mellora chegaría o primeiro tanto numantino. Un gran pase de Rubén entre os defensas recólleo Jorge, regatea a un xogador rival e bate a Amaro de disparo cruzado, 0 - 1 aos vinte e dous minutos de xogo. Os vinte minutos restantes desta primeira metade foron un ir e vir continuo por parte dos dous equipos. Quizais algo máis de intensidade por parte dos locais, favorecidos en ocasións por pedidas de balón e imprecisións nos pases dos de Ares, aos que lles costaba saír coa pelota controlada. Chegaría o Sansa con moito perigo ao área aresana e tiveron ocasións para empatar e ata porse por diante. Pero a sorte nesta ocasión estivo do lado dos de Ares. Os paus en tres ocasións e dúas grandes intervencións de Carlos mantiveron a porta aresá a cero para irnos ao descanso con vitoria do Numancia pola minima.

Na segunda metade comezaban os de Ares cos mesmos problemas no control do balón debido á forte presión exercida polo Sansa, que durante os dez primeiros minutos tivo o control da pelota, aínda que sen moito perigo sobre a área aresá. Viñeron os cambios e melloraría o xogo do Numancia. Os locais xa non exerceron tanto dominio e tiveron que replegarse ante o empuxe visitante. O Numancia con mellor xogo, e a tranquilidade do marcador a favor, pasou a exercer o control do partido. Tiveron varias ocasións os de Ares para sentenciar o encontro pero non houbo acerto. Non sería ata o minuto 86 nunha bonita xogada por banda conducida por Martín e Bule, pase deste ao área pequena, onde Manu con moita sangue fría, regatea a un defensa e á media volta marca o segundo para os de Ares sentenciando o encontro.

Con estes tres puntos os de Ares encaramanse á cuarta praza da táboa. Praza que terán que defender na próxima e ultima xornada de liga. Será en Prados Vellos fronte ao Ortigueira, o domingo 8 de maio, ás 17:30 horas. Tres importantes puntos en xogo para culminar un bo campionato.

Esperámosche en Prados Vellos o vindeiro domingo, no último partido de liga, animando e axudando o teu equipo a consolidar esa cuarta praza.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.