AFECCIONADOS. MANDIÁ, 1 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Mandiá, 1 - Numancia 1. Boavista.EMPATE XUSTO NUN MAL PARTIDO.
Pouca motivación e pouca ambición do conxunto aresano que nos últimos coletazos desta moribunda liga parece que quedan sen gasolina.


Mandiá, 17 de abril de 2011.

ALINIACIONS:
MANDIA: David, Carlos, Ivi (Toni 75´), Mosquera, Cesar, Pablo, Luís, Moisés (Diego 56´), Loren, Balillas (Unai 69´) e Jorge (Oscar 62´).

NUMANCIA: Carlos, Martín (Teti 62´), Costa (Antón 55´), Vicente, Zeta, Alex, Bule, Rubén (Quique 65´), Manu, Jorge (Amenedo 71´) e Javi.

COLEXIADO: D. Santiago Graña Fuentes (Delegación de Ferrol). Moi caseiro, non aplicou a mesma vara de medir para os dous equipos e sobre todo bastante inxusto coas cartolinas.
Amonestou a David polo Madiá e a Vicente, Alex, Rubén, Javi, Teti e Amenedo polo Numancia.

GOLES:
Mandiá: Luís.
Numancia: Javi.

Tarde soleada e de bastante calor no campo de Boavista, que presentaba un terreo de xogo en bastante bo estado, pero un tanto duro, o que propiciou moitas perdidas de balón, máis nos aresanos que no equipo local, máis afeito a esta superficie. Este feito desluciu un pouco o desenvolvemento do encontro posto que non era doado nin o control nin a condución do balón.

Comezaba o encontro cun equipo local que pronto se meteu no partido e á contra creou dúas perigosas ocasións de gol nos primeiros minutos. Os de Ares non se daban desperezado e no minuto 13, nun balón despexado da área local, o Madiá sorprende á defensa numantina. Faise co balón Luís, pisa área, regatea a Carlos na súa saída e cóao entre dous defensas, encaixando os de Ares o 1 - 0. Este gol non espertou os aresanos que continuaron cun xogo desordenado e pouco vistoso ata o final da primeira metade. O xogo do rival tampouco é que dese para moito máis, pero as gañas, ir por diante no marcador e a motivación foi maior que a dos visitantes, motivos máis que suficientes para poñerlle algo de ritmo a esta primeira parte.

Na segunda metade, aos seis minutos do seu inicio, o colexiado pita un penalti bastante rigoroso. Lanza Cesar e parada de Carlos. Esta acción foi un revulsivo para os de Ares, que ata ese momento aínda estaban nun limbo. Nos minutos seguintes viñeron os cambios, aire fresco para os visitantes, que pouco a pouco fóronse impoñendo no terreo de xogo. Premían moi arriba, roubaron varios balóns e tiveron claras ocasións, pero un acertado David, encargouse de desbaratar unha tras outra. Merecían os de Ares, cando menos o empate, e éste chegaría a quince minutos do final. Roubo de balón de Jorge en tres cuartos de campo rival, sobe pola banda, pase da morte e Javi entrando dende atrás envía ao fondo das mallas, 1 - 1. De aquí ata o final do encontro pouco máis que contar, algunha tímida chegada á área rival pero o marcador permanecería inamovible. Ao final xusto empate nun pobre partido.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.