AFECCIONADOS. CONVOCATORIA NARÓN B - NUMANCIA
ENTRA ANTÓN PARA O CADAVAL
Tan só un cambio respecto da convocatoria da semana pasada: Antón por Jose (sancionado)
Ares, 26 de marzo de 2011
Mañá visitamos ao líder da categoría, un Narón B que unicamente foi derrotado en dúas ocasións. Que cara ofrecerán este domingo os aresáns? Continuarán coa racha de vitorias a domicilio? Dende logo, Carlos Rodríguez, un adestrador moi competitivo, non regalará nada e estamos seguros que os seus xogadores sairán pola vitoria.
Esta é a convocatoria completa:
Porteiro: Carlos
Defensas: Martín, Costa, Vicente, Antón, Jauma e Óscar
Medios: Álex, Rubén, Teti, Bule e Jorge
Dianteiros: Carlitos, Javi e Manu.