Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. VALDOVIÑO, 3 - NUMANCIA, 1.
 
 

AFECCIONADOS. VALDOVIÑO, 3 - NUMANCIA, 1.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Valdoviño 3 - Numancia 1. Mourente.SEVERO CORRECTIVO
Décimo séptima xornada de Liga nesta 2ª Autonómica onde o Numancia foi derrotado con xustiza pola SD Valdoviño no campo Municipal de Mourente ante 100 espectadores, con boa presencia de seguidores aresáns.

Mourente (Valdoviño) 9 de xaneiro do 2011.

ALINIACIÓNS:
VALDOVIÑO: David, Esteban (Jorge 71´), Steven, Pablo (Pena 65´), Felipe, Jacobo, Raúl, Calderón, Veiga, Nano (Javi 84´) e Iván (Ramón 87´).

NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa, Jaume (Pedro Blanco 75´), Zeta (Jorgito 79´), Alex, Jose (Javi 62´), Pedro Machado, Manu, Jorge (Carlos 55´) e Rubén (Teti 79´).

COLEXIADO: D. Fernando Formoso Sánchez (Delegación de Ferrol). Amonestou a Raúl do Valdoviño, e Zeta, Alex, Javi e Carlos (adestrador) do Numancia.

GOLES:
Valdoviño: Jacobo, Calderón e Raúl.
Numancia: Rubén.

 


Nunha preciosa tarde de domingo, algo fresca, volvía ó Numancia á competición despois do parón navideño. Tocaba comezar á segunda volta visitando ó Valdoviño, un equipo da zona baixa moi cambiado dende aquela primeira xornada de Liga, onde saíran goleados de Ares.

Falando do partido, ós primeiros 20 minutos foron de claro dominio numantino. Por empuxe é xogo, ben puido ó Numancia poñerse 0 - 3 no primeiro tramo do encontro, pero sorprendentemente, os xogadores aresáns fallaban ocasións moi claras ante a portería local. Isto debeu de propiciar unha depresión ó conxunto de Ares, xa que no minuto 25 desapareceu do encontro. Foi a raiz de encaixar o primeiro gol, na primeira ocasión na que os locais se achegaron a meta visitante. A xogada nace na saída dun corner que remata en primeira instancia Calderón, e ó que Carlos responde cunha sensacional parada, pero o rexeitamento es rematado no segundo pau por Jacobo al fondo das mallas, 1 – 0. A partires dese momento o equipo local fíxose dono do partido, tendo claras ocasións para ampliar a ventaxe. Finalmente non foi así e marchamos os vestiarios co resultado ceñecido, e co Numancia na UCI.

Nos primeiros minutos da segunda metade, parecía que ó Numancia espertaba, e no 5´ chegaba o gol de Rubén, despois dunha boa xogada por banda de Manu que alcanza a liña de fondo, centra, e Rubén entrando dende atrás establece o empate. Pero nada, esa reacción durou 10 minutos. Pois no 55´, os locais volvíanse a poñer por diante no marcador, nesta ocasión Calderon, libre de marca no segundo pau, caza un centro chut despois de varios rexeitamentos no área e establece o 2 – 1. Despois deste segundo gol, volveron ós numantinos a desaparecer do encontro. Outra vez ós locais facíanse co dominio do xogo, e no minuto 62´ viría o terceiro, aproveitando a pasividade numantina, nesta ocasión en xogada individual de Raúl que rouba un balón no centro do campo, conduce hasta o lateral do área e de disparo cruzado bate a Carlos, 3 – 1. E podemos dar grazas de que non foran mais. Non é que ó Valdoviño sexa un equipazo, pero o que si demostrou nesta tarde de domingo é que con esforzo, gañas e compromiso pódese gañar un partido. Nos últimos minutos intentou ó Numancia remediar ó ridículo, pero con mais corazón que cabeza. Aínda por riba, o partido volveuse algo bronco e ós de Ares entraron en piques e protestas, algo que non axudaba para conseguir mellorar ó resultado. Polo tanto ó final de partido, 3 - 1 para ós locais.

En definitiva, moi mal partido dos de Ares. Postos a poner excusas, poderíamos dicir que o parón navideño poido afectar ós nosos xogadores. Tamén podemos dicir que o mal estado do campo de Mourente non axudou para nada ó xogo do Numancia. ¡¡¡Pero non valen excusas¡¡¡

Pódense perdoar ós fallos colectivos e individuais. Pódese entender que un equipo sexa superior e se leve a vitoria con xustiza, aínda que ti fagas o indecible por evitalo. Pero o que a fiel afección numantina, que acompaña domingo si, domingo tamén ó Numancia polos distintos campos da comarca non poder perdoar, e a falta de compromiso, de concentración e de entrega do noso Numancia. ¡¡¡Iso sí que non¡¡¡ Este domingo a afección marchaba de Valdoviño enfadada é decepcionada, non pola derrota, mais ben marchaba enfadada pola imaxe ofrecida polo equipo no campo de Mourente. ¡¡¡Esperemos polo tanto que ós nosos bos xogadores tomen nota do enfado, e que isto non volva a suceder. De momento este equipo, ten unha débeda coa afección.

Dentro do malo, prácticamente todos os rivais directos da parte alta da táboa cederon puntos este domingo, agás o R. Neda e Os Amigos que venceron nos seus encontros. Isto deixa o Numancia a 4 puntos dos líderes da competición, Cariño, Narón “B” e Os Amigos que mandan na Liga empatados a 36 puntos. Polo tanto, dentro do malo, quédanos o consolo de saber que puido ser peor.

Agora o que toca é estar unidos e sacar ó orgullo numantino. O vindeiro domingo temos un difícil partido en Prados Vellos ante un bo equipo como é o Somozas “B”. Un conxunto que virá a Ares a agotar ós seus últimos cartuchos para meterse tamén na zona alta da táboa. Un partido compricado onde TODOS temos que estar unidos, afección e equipo. TODOS temos que acudir o vindeiro domingo a Prados Vellos a resarcirnos desta derrota en Valdoviño. ¡¡¡TODO  xuntos temos que devolver ó Numancia ó bo camiño¡¡¡

¡¡¡Vémonos TODOS ó domingo as 16:00 en Prados Vellos animando ó Numancia¡¡¡

Recordade, ¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡ (cada ún pola súa conta, é mais compricado)

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.