AFECCIONADOS. R. DE NEDA, 3 - NUMANCIA, 1.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. R. de Neda, 3 - Numancia, 1. Municipal de Neda.¡¡¡QUERER E NON PODER¡¡¡


Despistados en defensa en desafortunados en ataque. 

Neda 14 de novembro do 2010

ALINIACIÓNS:
R. DE NEDA: Víctor, Nando, Abel, Miguel, Jove, Pena, Rubén (Alex 68´), Suso (Graña 88´), Pitu (Crespo 46´), Beni (Jona 79´) e Jose (Pin 68´).

NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa, Jauma (Vicente 38´) (Alex 46´), Pedro Machado (Pedro Blanco 57´), Borja, Jose (Rubén 54´), Oli, Manu, Jorge (Carlos 62´) e Javi.

COLEXIADO: D. Marco A. Calo Sobrado (Delegación de Ferrol). Amosoulle tarxeta amarela a Jove, Pena, Suso, Pitu e Crespo do R. de Neda. Bule, Borja e Alex do Numancia. Expulsou por doble amarela a Carlos, adestrador do Numancia.

GOLES:
R. de Neda: Beni, Miguel e Suso
Numancia: Manu.

Undécima xornada da Liga da 2ª Autónomica que nos deparau un intenso encontro entre o Neda e o Numancia, dous bos equipos da categoría, presenciado no Municipal de Neda por preto de 200 espectadores, con casi un centenar de afeccionados numantinos.

Tarde moi fría e con fortes chubascos en Neda. Os numerosos e valentes afeccionados ó fútbol estaban preparados para ver un partido que prometía entre dous dos equipos da zona alta da clasificación.
Comezaba o encontro con alternativas. Un equipo local que buscaba con balóns longos os seus homes de banda e ós dianteiros. Froito dun deses balóns adiantábanse no minuto 25 por medio de Beni que recolle un balón as costas da defensa aresá encara a Carlos e bateo por baixo.
Pola contra o Numancia facía un fútbol mais combinativo, aínda que sen movilidade nos últimos metros, non era capaz de levar perigo a meta nedense, non sendo en xogadas de estratexia ou con disparos lonxanos. Nun deses disparos, Manu conseguía o empate no minuto 30, 1 - 1 resultado co que se chegaría o descanso.

No segundo tempo o Neda fixo un fútbol de mais control, tocando algo mais o balón. Encontrouse con gol nun disparo de Miguel ao saque dunha falta moi lonxana sen aparente perigo, pero que foi a colarse na portería numantina defendida por Carlos. 2 - 1 no minuto 65. O Numancia foi en busca do empate, pero non era o día dos de Ares. Cando se chegaba a línea de creación de perigo apagábanse as luces, sendo Manu en xogadas individuais o único capaz de levar perigo a meta nedense. Pintaban mal as cousas, e moito mais cando nun contragolpe o Neda aproveitaba o mal día da defensa numantina conseguindo o 3 – 1, obra de Suso, no minuto 85, co que prácticamente morría o encontro.

Nos últimos minutos, o Numancia buscaba recurtar diferencias con mais corazón que cabeza. Un corazón que xogou malas pasadas, xa que facía entrar os aresáns en guerras e protestas nas que o único beneficiado era o equipo local, pola perda de tempo. Con este triste panorama chegouse o final do encontro co xa coñecido marcador de 3 - 1 favorable ós nedenses.

En definitiva, mal partido do Numancia, xa que aínda que intentou xogar o fútbol, non tivo a claridade nin a intensidade necesaria para vencer nun encontro destas características. Unha pena non poder brindar a victoria a numerosa, aínda que fría afección numantina, a cal ten que berrar moito mais nos vindeiros encontros para animar o equipo.

Perdeuse unha batalla pero non a guerra. Segue o Numancia a soamente 4 puntos do segundo clasificado. Un Numancia que conta co reforzó de Alex García, un bo plantel e unha boa afección, polo que estamos seguros que hoxe so foi un mal día na oficina.

O bonito do fútbol e que despois dun encontro ven o seguinte. ¡¡¡E que partido¡¡¡ O próximo domingo as 16:15 en Prados Vellos o Numancia recibe a outro dos galiños da categoría, o Naron “B”. Outro partidazo vital para o Numancia, no que necesita todo o apoio do mundo para sacalo adiante. ¡¡¡A marea vermella non debe fallar¡¡¡

¡¡¡Vémonos o domingo as 16:15 da tarde en Prados Vellos para vencer todos xuntos o Narón “B”¡¡¡. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

SDR Numancia de Ares. Afeccionados R. de Neda - Numancia. 14/11/10.SDR Numancia de Ares. Afeccionados R. de Neda - Numancia. 14/11/10.

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares. Afeccionados R. de Neda - Numancia. 14/11/10.SDR Numancia de Ares. Afeccionados R. de Neda - Numancia. 14/11/10.

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares. Afeccionados R. de Neda - Numancia. 14/11/10.SDR Numancia de Ares. Afeccionados R. de Neda - Numancia. 14/11/10.

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares. Afeccionados R. de Neda - Numancia. 14/11/10.SDR Numancia de Ares. Afeccionados R. de Neda - Numancia. 14/11/10.

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.