XUVENIS. O VAL, 2 - NUMANCIA, 2.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. O Val 2 - Numancia 2. 21/08/10. Sinde.BOA PEDRA DE TOQUE
Segundo partido de pretemporada do Numancia xuvenil xogado o sábado as 12 do mediodía no campo de herba artificial do Sinde, na parroquia naronesa de O Val ante o conxunto local.


Ares 21 de agosto do 2010.

NUMANCIA: Tito, Coco, Jesús, Jorge, Pablo, Jony, Ángel, Manu, Moabe, Ezra, Dani, Álvaro, Iván, Brayan e Juanra.

Moita calor o sábado a maña en O Val, onde o Numancia contaba con ata 6 baixas por diferentes motivos, tendo que afrontar o encontro con 15 xogadores ante un conxunto local que tiña 20 xogadores dispoñibles para este encontro. Un partido que comezou moi mal para o Numancia xa que saíron durmidos e regalaron dous goles o conxunto local, no minuto 10 do encontro o resultado era 2-0 favorable a O Val. A partires dese momento comezou outro encontro, o Numancia saltou o campo e foi recuperando o terreo perdido, a base dunha boa presión con  rápidas saídas ó ataque. Nunha desas xogadas ofensivas Manu mete un balón as costas da defensa valexa para que Dani dispare e consiga o primeiro gol para ó Numancia. Seguiu a mesma tónica de xogo, sendo o porteiro numantino Tito clave para que o resultado o descanso seguira sendo de 2-1.
Na segunda metade os adestradores numantinos fixeron unha variante táctica. O Numancia tivo unha maior presencia no medio do campo, o que se reflectiu nunha maior posesión do balón e por conseguinte, moitas mas chegadas a portería contraria. Bo fútbol o do Numancia nesta segunda metade, obtendo o seu premio nunha bonita xogada por banda de Moabe que cede o balón atrás para que un oportuno e veterán Jorge estivera no sitio adecuado para empurrar o balón ata a portería valexa. Foi o definitivo 2-2, ambos conxuntos tiverón ocasións para desnivelar a balanza, pero finalmente o resultado foi xusto tras o visto ó longo deste partido.
En definitiva, un bo partido de adestramento para ós dous equipos, que poideron dar minutos a todos os seus xogadores nun encontro intenso e moi competido, unha boa proba na preparación para a Liga.
Agradecer a SD O Val a sua invitación para xogar este partido nas súas magníficas instalacións e ao seu colaborador “Jhaly” pola súa boa arbitraxe neste encontro.

A próxima cita do Numancia será no Trofeo “PICAS” ante o Galicia de Mugardos. Un partido de rivalidade e paixón o próximo sábado día 28 as 17:00 no campo de Prados Vellos. ¡¡¡Agardamósvos apoiando ó Numancia¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.