Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. NUMANCIA, 1 - SAN SADURNIÑO, 3.
 
 

XUVENÍS. NUMANCIA, 1 - SAN SADURNIÑO, 3.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia 1 - San Sadurniño 3. Prados Vellos.PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO
Primeiro partido amigable do Numancia xuvenil ante o equipo do San Sadurniño.

 

Ares 16 de agosto do 2010.

NUMANCIA: Tito, Álvaro, Amenedo, Ángel, Víctor, Coco, Iván, Juanra, Antonio, Pablo, Brayan. Manu, Moabe, Rubén, Jony e Quique.

Despois dunha primera e dura semana de traballo os nosos xuvenís recibían a visita do Sansa, que xa tiña algo máis de rodaxe. Foi un partido cun tempo para cada equipo, o primeiro para ós visitantes que monopolizaron o xogo facendo correr moito o Numancia detrás do balón e conseguindo 3 goles antes do descanso.
Na segunda metade o Numancia ofreceu outra cara, dificultou o xogo de balón do Sansa gracias a unha boa presión e ofreceu xogadas combinativas en ataque onde soamente conseguiu un gol obra de Manu; senón conseguiu mais tantos foi polo gran acerto do gardarredes visitante. Tamén estivo moi acertado o novo porteiro numantino Tito, evitando goles do Sansa con varias intervencións de mérito.
Un dez para todos ós xogadores numantinos polo seu esforzo despois dunha primeira semana de traballo. Non estiveron finos nos pases e controes, e notouse a falta de ritmo ante un rival mais físico, pero ben e certo que o Numancia deuno todo no campo e víronse cousas que indican o optimismo. O resultado era o de menos neste partido, tratábase de comezar a conxuntar un novo equipo de xuvenís, que traballará a fondo para dar ledicias este ano a fiel aficción numantina.

Agradecer o directivo do Numancia Juan Escudero a súa fenómenal arbitraxe neste encontro.

Agora o Numancia xuvenil seguirá cos seus adestramentos, que completaránse cos seguintes partidos amigables para chegar o 11 de setempro, día do inicio da Liga en Neda nas mellores condicións:

Sábado 21 de agosto: SD VAL – NUMANCIA ás 12:00 en Sinde (O Val).

Sábado 28 de agosto: NUMANCIA – G. MUGARDOS (Trofeo PICAS) ás 19:00 en Prados Vellos

Sábado 4 de setembro: NUMANCIA – EUME (equipo de Liga Galega) ás 18:30 en Prados Vellos

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.