XUVENIS
PRESENTACIÓN DO EQUIPO XUVENIL.
O Vicepresidente do club acompañado de varios membros da Xunta Directiva e o adestrador do primeiro equipo, recibiron e deron a benvida a plantilla de xuvenís.
Na tarde deste luns, 9 de agosto, tivo lugar a primeira reunión - adestramento da temporada dos xuvenís. Todos os xogadores citados para a presentación estaban presentes no vestiario, a excepción de Miguel López (por causa xustificada). Destacar a presenza de Moabe, rapaz brasileiro, residente na vila, quen manifestou o seu interese por incorporarse ao equipo. Benvido.
Tras o recibimento e presentacións, Manolo, vicepresidente do Numancia, puxo aos xogadores ao corrente de diversas novidades de cara a vindeira temporada. A continuación tras as palabras de Manolo, Xelo, adestrador, dirixiuse aos seus xogadores para darlles unha serie de indicacións e pautas a seguir ao longo da pretemporada. Tamén Carlos Rodríguez, adestrador do primeiro equipo, dirixiuse a plantilla facéndolles fincape na importancia do compromiso, o traballo eo esforzo a realizar, “procurarei ir ver todos os partidos que poida para seguirvos de cerca, só do voso traballo vai depender as posibles incorporacións ao primeiro equipo”.
A relación completa da plantilla é a seguinte:
Adestrador: Xelo.
Axudante: Jorge Martínez.
Delegado: Luís.
Xogadores:
Continúan dá temporada anterior: Álvaro, Jorge, Amenedo, Jhony, Víctor, Coco, Dani, Ezra, Manu, Rubén Ardao, Miguel Carretero, Jesús, Pablo, Juanra.
Soben de cadetes: Carlos Arnoso, Ángel, Antonio, Brayan e Miguel López.
Volve ao Numancia: Tito.
Volve do Portuarios: Iván.
Procede do Portuarios: Carlos Pena.
Nova incorporación: Moabe.
PRIMEIRA CITA DA PRETEMPORADA:
O VINDEIRO SÁBADO, 14 DE AGOSTO, ÁS 18:30, EN PRADOS VELLOS
NUMANCIA – SAN SADURNIÑO.