XUVENÍS. FINAL TORNEO DA AFACO

AS PONTES - NUMANCIA XOGARÁN A FINAL O SÁBADO, 26 DE XUÑO

A final do torneo, prevista para este sábado, 19 de xuño, disputarase o seguinte sábado, 26 de xuño, posiblemente ás 17:00 h., estase pendiente da confirmación do campo.

 

Ares, 16 de xuño de 2010.

Hoxe clasificouse o As Pontes, despois de derrotar por 3 - 0 ao Eume, para xogar a final deste torneo de xuvenís da AFACO. E aínda que a data fixada desde o primeiro día era este sábado, 19 de xuño, o equipo pontés alegou que non podía asistir nesa data porque durante todo o día tiñan un torneo de F-7, que eles mesmos organizaban. Ante esta circunstancia, o presidente da AFACO, Carlos Janeiro, intentou buscar outro día e, finalmente, o Numancia aceptou xogar o día 26, aínda sabendo que esta modificación vai prexudicar a máis dun compoñente da nosa entidade, desde xogadores, adestradores, directivos ou mesmo afeccionados, que xa tiñan planificada esta fin de semana. Lamentamos esta alteración do calendario e pedimos desculpas polos contratempos que poidamos ocasionar.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.